Complementarias
O noso apoio ao movemento FridaysForFuture na prensa
Enviado por admin o 8 Xuño, 2019 - 16:06Onte, a iniciativa do alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato, realizamos no centro un acto simbólico de apoio ao movemento FridaysForFuture que recolle a prensa de hoxe.
Vídeos do acto de graduación curso 2018-2019
Enviado por admin o 31 Maio, 2019 - 13:15O pasado martes 28 de maio tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato organizado por eles mesmos. No enlace, podedes ver os vídeos proxectados no teatro. Parabéns.
Charla organizada pola ANPA: "Acoso escolar... Falámolo?" Martes 28 ás 20 horas no MGB.
Enviado por admin o 27 Maio, 2019 - 19:48Mañá martes 28, ás 20 horas, na sala de usos múltiples do centro, Fesanpas e a ANPA organizan unha charla sobre o acoso escolar a cargo do profesor da USC Carlos Vila Lago. Contamos con vós.
Exposición "Científicos Galegos 2008-2018"
Enviado por Anónimo o 2 Maio, 2019 - 00:55Ata o vindeiro luns 6 de maio estarán expostos no hall do primeiro andar do centros os carteis da exposición "Científicos Galegos 2008-2018", cedidos ata esa data pola Real Academia Galega de Ciencias. Nela poderemos aprender sobre a vida e obra de sobranceiros científicos galegos que dende o ano 2008 ata o 2018 foron homenaxeados con motivo do Día da Ciencia en Galicia. Informarvos tamén que o Científico Galego 2019 corresponde á figura do químico Tomás Batuecas.
Contido da charla da ABAU 2019
Enviado por admin o 5 Abril, 2019 - 16:35Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (4 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2019, adxuntamos ficheiro do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.
Charla ABAU 2019 impartida polo profesor Augusto Otero o vindeiro 4 de abril
Enviado por admin o 28 Marzo, 2019 - 09:29O XOVES 4 de ABRIL todo o alumnado de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “ABAU 2019: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.
Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler máis.
O alumnado de 2º de Bacharelato Artístico inaugura exposición
Enviado por admin o 25 Marzo, 2019 - 09:24Este acto será posible grazas á participación do concello, que condeceu a oportunidade ó alumnado levar a cabo a idea e prestou unha das súas salas de exposición.
Uxía Silva.
Entroido 2019 no MGB
Enviado por admin o 21 Febreiro, 2019 - 15:49Xa temos o programa de Entroido para o vindeiro venres 1 de marzo. O cartel anunciador foi realizado por Miriam Núñez López. Grazas a todos os participantes no concurso de carteis e, por suposto, a María Armada pola súa colaboración.
Odisea 2019 - Grupos gañadores no MGB
Enviado por BiblioMGB o 15 Febreiro, 2019 - 09:21Onte xoves no segundo recreo fixemos entrega na MeGaBiblio dos premios correspondentes á edición 2019 do concurso de Cultura Clásica Odisea.
Os grupos gañadores foron os seguintes:
- FAMILY FRIENDLY, de 3ESO (Jesús Silva, Mauro Iglesias e Brais Vinseiro)
- RAPSODAS ESTRADENSES, de 1BAC C (Victoria Pazos, Ana Quintela e Lucía Rey)
- MI FAMILIA ADOPTADA, de 3ESO (María Porto, Carla Viqueira, Laura Salgueiro)
Reunión "Reto lector"
Enviado por BiblioMGB o 11 Febreiro, 2019 - 09:58O vindeiro venres no 2º recreo celebrarase na MeGaBiblio unha reunión con todos os participantes do "Reto Lector". Neste doc en *.pdf podedes atopar a listaxedos libros de matemáticas nun fermosos díptico.
Álbum do concerto do alumnado de Música de Bacharelato o pasado 21 de decembro
Enviado por admin o 21 Xaneiro, 2019 - 18:58Xa podedes ver na nosa galería Flickr as imaxes do concerto-audición que o pasado 21 de decembro ofreceu o alumnado de Música de Bacharelato. As fotografías son de Míriam Núñez e Marcos Puente.
Concerto no MGB
Enviado por Vicedirec. o 20 Decembro, 2018 - 11:30Mañá venres 21 de decembro alumnado de Música de Bacharelato ofrecerá un concerto-audición a partir das 13:00 horas na Sala de Usos Múltiples do centro. Contamos coa colaboración do alumnado de Deseño de 2º de Bacharelato que realizou a escenografía.
Campo a Través 2018
Enviado por Vicedirec. o 17 Decembro, 2018 - 14:06O pasado 5 de decembro o noso alumnado de 1º ESO participou no Campionato de Campo a Través. Podedes ver as fotos da actividade na nosa galería Flickr.
Arqueocampo
Enviado por Vicedirec. o 11 Decembro, 2018 - 16:15O pasado luns 10 de decembro o noso alumnado de 1º ESO participou, no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos, na actividade Arqueocampo, que lles ofreceu a oportunidade de sentirse arqueólogos por un día.
Máis información nesta ligazón.
Baile tradicional no MGB
Enviado por Vicedirec. o 29 Novembro, 2018 - 13:25Ao longo deste trimestre o noso alumnado de 1º ESO recibe clases de baile tradicional nalgundas clases de Educación Física. Son impartidas pola Agrupación Folclórica estradense Tequexetéldere.
Máis información nesta ligazón.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »