Complementarias
Monstros a nós
Enviado por admin o 29 Xuño, 2020 - 00:50Vídeo realizado pola profesora Marisa Otero sobre o breve que foi o curso e da resolución do confinamento.
Fin dunha etapa para o noso alumnado de 2º de Bacharelato
Enviado por admin o 11 Xuño, 2020 - 11:46Realizada a avaliación final de 2º de Bacharelato, titularon 82 dos 87 alumnos/as matriculados este curso.
E acadaron Matricula de Honra, cos catro mellores expedientes: Nuria Sanmartín Figueira, María Mato Requeijo, Mencía Vidal Obelleiro e Ana Quintela Mato.
A todas e todos queremos trasmitirlle a nosa noraboa e os nosos mellores desexos na nova etapa que comezan.
En recordo dos tempo que pasaron no centro, a profesora Marisa Otero elaborou o seguinte video:
Nova en La Voz de Galicia.
Charla ABAU 2020 impartida polo profesor Augusto Otero
Enviado por admin o 3 Xuño, 2020 - 12:01A próxima semana o profesor Augusto Otero impartirá unha charla destinada ao alumnado de 2º de Bacharelato: "ABAU 2020: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.
Planificáronse dúas sesións (co aforo limitado):
- Xoves 11, ás 12:15h, en Usos Múltiples (prazas agotadas).
- Venres 12, ás 12:15h, en Usos Múltiples (prazas agotadas).
- Luns 15, ás 12:25, na Aula de 2º de Bacharelato C
O alumnado interesado en asistir deberá anotarse cubrindo un formulario que recibirán por correo electrónico.
ABAU 2020: Normativa e organización. Aspectos prácticos.
Enviado por admin o 29 Maio, 2020 - 17:41Na seguinte ligazón pódese acceder a toda a información que o alumnado debe coñecer sobre a normativa-organización que regula a ABAU e os seus aspectos máis prácticos:
PRESENTACION CHARLA ABAU 2020
Respectando todas as medidas de prevención establecidas, programaranse varias datas para a celebración presencial da charla impartida polo profesor Augusto Otero, en varias quendas e con aforo limitado. Informoremos nos próximo días.
RESISTIREMOS
Enviado por admin o 23 Abril, 2020 - 13:21A comunidade do IES MGB queremos dar un paso adiante e expresar o noso sentir, a nosa unión nestes momentos. Fundirnos con tantos seres xunt@s, unir as nosas voces, apoiarnos n@s nos@s, apoiarnos e que outr@s sintan que aquí estamos, que loitamos por resistir e que XUNT@S, UNID@S RESISTIREMOS!!!
A iniciativa na prensa:
Cantemos unid@s. Realicemos un video entre todas e todos!!
Enviado por admin o 3 Abril, 2020 - 15:32A iniciativa dos Departamentos de Música, e coa colaboración do Departamento de Educación Plástica, convidamos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, ...) a participar na gravación dun vídeo.
Para saber máis pincha nesta ligazón.
Data límite para o envio dos vídeos: venres 10 de abril.
Obradoiro de Cyberseguridade do INCIBE
Enviado por Anónimo o 11 Marzo, 2020 - 10:42O pasado xoves 5 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, tivo lugar no noso centro a xornada técnica "Espacios de ciberseguridad para estudiantes” que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) está a realizar nalgúns centros de Galicia. Nesta xornada técnica estivo dirixida ao alumnado de bacharelato que cursa as materias de TIC I e TIC II e nela realizaron de xeito práctico e con exercicios reais como funcionan determinados aspectos da ciberseguridade. Estas xornadas son gratuitas, tanto para o centro como para os alumnos, e outorgaráselle un diploma de asistencia ao alumnado participante.
Dende o Departamento de Tecnoloxía, solicitante e coordinador desta xornada no noso centro, agradecer a Cristian, poñente enviado polo INCIBE, a boa dispoñibilidade e o amena, interesante e útil que resultou para o noso alumnado.
Coma sempre, na correspondente galería do Flickr do centro tedes imaxes do envento.
Odisea 2020 MGB
Enviado por BiblioMGB o 12 Febreiro, 2020 - 18:12Hoxe mércores, no 2º recreo, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cultura Clásica Odisea. Na edición 2020 do concurso Odisea os resultados dentro do MGB foron os seguintes:
- 1º premio > RÓMULO E REMO: DIÉGUEZ REBOLO, PABLO; REY LLOBET, JOSÉ (2BAC)
- 2º premio > MENECMAS: CALVIÑO SILVA, SONIA; SANMARTÍN FIGUEIRA, NÚRIA; REY GAÑETE, LUCÍA (2BAC)
- 3º premio > KOINÉ: CARRACEDO FLORES, AINOA; MELLA MOSTEIRO, UXÍA (2BAC)
- Premio especial do xurado > ERYX WARRIORS: VIVEL COUSO, YANIRA; MÍGUEZ VIDAL, DANIEL (3ESO)
Equipos de alumnado axudante á convivencia
Enviado por admin o 6 Febreiro, 2020 - 11:32Neste trimestre comerará un proxecto de convivencia positiva en 1º e 2ºESO onde se busca dar máis protagonismo ao alumnado na mellora da convivencia no centro.
Consiste na formación dun “Equipo de alumnado axudante á convivencia” por aula.
Cada equipo, formado por 3 ou 4 persoas, axudará a que a relación entre o alumnado sexa máis positiva. Para poder desempeñar esta función formaráselles en temas como a escoita activa, a importancia das emocións na comunicación, a empatía, o valor da confidencialidade...
Os membros do equipo teñen que cumprir dúas condicións, primeiro ser escollido na aula polos seus propios compañeiros e compañeiras e pola titora de convivencia do seu nivel e segundo, acceder voluntariamente. Unha vez seleccionados terase unha reunión coas familias do “Alumnado axudante á convivencia” onde se dará máis información.
Esperamos que este proxecto teña continuidade nos próximos cursos, podendo formar parte deste equipo o maior número de alumnado posible.
Calquera dúbida contactar co seminario de Convivencia e Inclusión do IES MGB
Campionatos de Brilé
Enviado por admin o 6 Febreiro, 2020 - 11:31Esta semana comezaron os campionatos de Brilé, que teñen lugar nos 2º's reccreos dos martes e dos xoves, e que serán dentro do xinmasio ata que o tempo permita facelo fóra de xeito habitual.
Vídeo contra a violencia de xénero
Enviado por admin o 5 Febreiro, 2020 - 17:37"Arqueoloxía en Exipto"
Enviado por admin o 18 Decembro, 2019 - 22:33Hoxe o alumnado de 1º da ESO asistíu á charla "Arqueloxía en Exipto" a cargo de Manuel Abelleira, antigo alumno do centro, que actualmente é arqueólogo en Exipto onde realiza campañas cun equipo alemán.
"Elisa e Marcela" no MGB
Enviado por admin o 13 Decembro, 2019 - 12:40O próximo luns, 16 de decembro, ás 12:30h en Usos Múltiples para o alumnado de 2º de Bacharelato se representará a obra de teatro "Elisa e Marcela" da compañía "A Panadaría"
Exposición Premios María Josefa Wonenburger
Enviado por Vicedirec. o 20 Novembro, 2019 - 17:02Ao longo de quince días contaremos no centro coa exposición Premios María Josefa Wonenburger, cedido pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Proxecto Nin + nin -, iguais.
Consta de 16 roll ups e de oito paneis con datos sobre a disparidade de xénero en distintos sectores.
Máis información nesta ligazón.
Exposición "Medindo o Universo. A historia das medidas"
Enviado por Anónimo o 7 Outubro, 2019 - 00:07Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º de ESO organizaron e montaron os paneis que ata o vindeiro 18 de outubro poderedes observar no andar a carón da Biblioteca coa exposición "Medindo o universo: a historia das medidas". As láminas desta exposición foron impresas á súa vez da exposición homónima do LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia). Agardamos que sexa do voso interese e aprendades moito con ela.
Se queredes consultar online a exposición facede clic aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »