Complementarias
Cross Escolar
Enviado por Vicedirec. o 26 Novembro, 2017 - 23:11O pasado mércores 22 de novembro tivo lugar o Cross Escolar na Estrada. O noso alumnado acadou excelentes resultados:
- Infantil masculino: 2º posto para Daniel Míguez Vidal de 1º ESO C.
- Infantil feminino: 1º posto para Laura Carracedo Flores de 1º ESO A e 2º para Sonia Rivadulla Blanco de 1º ESO C.
Magosto 2017
Enviado por Vicedirec. o 10 Novembro, 2017 - 11:34Hoxe a partir das 12:25 celebramos no noso centro o Magosto. Ademais da degustación de castañas, teremos música popular e xogos. O alumnado de 4º ESO elaborará e venderá doces para recaudar cartos para a súa excursión.
Agardamos pasalo moi ben e que o tempo nos acompañe!
O alumnado de 3º ESO no teatro
Enviado por Vicedirec. o 1 Outubro, 2017 - 22:20O pasado venres 29 de setembro sesenta e cinco alumnos de 3º ESO, acompañados por catro profesoras, acudiron ao Teatro Principal da Estrada para asistir á representación teatral da obra "Na butaca (fantasía nº 3 en Dor Maior)". Trátase dunha obra benéfica organizada co motivo do Día Mundial do Alzheimer e realizada pola Asociación Galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA)
Charla sobre a Antártida
Enviado por Vicedirec. o 21 Xuño, 2017 - 10:55Hoxe mércores 21 de xuño o alumnado de 1º de ESO asistíu a unha charla sobre a Antártida da profesora Magaly Barreiro Ponte.
Moitas grazas por compartir as túas experiencias viaxeiras con nós!
Charla "ABAU 2017: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS"
Enviado por Vicedirec. o 18 Abril, 2017 - 13:02O VENRES 21 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª e 4ª horas), sobre “ABAU 2017: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.
Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler máis.
Alumn@s do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas
Enviado por Vicedirec. o 31 Marzo, 2017 - 09:13Os/as alumnos/as de 2º Bacharelato do noso centro: Alejandro Abonjo Bouzas, Diego Cora Calvo, Antía Paz Carracedo e Mateo Varela Miranda participarán o xoves 6 de abril na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato.
Máis información nesta ligazón.
Poesía necesaria como o pan de cada día
Enviado por admin o 7 Marzo, 2017 - 17:41Mañá mércores 8 de marzo no 2º recreo, teremos unha nova sesión de "Poesía necesaria como o pan de cada día".
Vén co teu poema e se o les en voz alta gañarás o pan.
Na MeGaBilio!
El Cártel de Roma (Romae Societas)
Enviado por admin o 7 Marzo, 2017 - 08:44Hoxe presentamos aos gañadores do concurso de disfraces do Entroido MGB:
"El Cártel de Roma (Romae Societas)", protagonizado por Adrián Gago (Adrianus) como Gustavo, e Sebastián Eiras (Sebastianus) como Pablo.
María Reimóndez no MGB
Enviado por Vicedirec. o 20 Febreiro, 2017 - 10:04O pasado venres 17 a escritora María Reimóndez compartiu co noso alumnado a súa actividade literaria, social e tamén o mundo da tradución.
Premios Odisea 2017
Enviado por admin o 16 Febreiro, 2017 - 11:18Hoxe no primeiro recreo tivo lugar a entrega de premios do concurso de Cultura Clásica Odisea 2017.
Flag Football no MGB
Enviado por Vicedirec. o 15 Febreiro, 2017 - 19:15Durante os meses de febreiro e marzo o club "A Estrada Bestas" impartirá clases de fútbol americano, na súa modalidade de Flag Football, ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato durante as clases de Educación Física. Está resultando unha experiencia moi interesante.
Moitas grazas a tod@s aquel@s que o facedes posible.
Magosto
Enviado por Vicedirec. o 10 Novembro, 2016 - 10:40O vindeiro venres 11 de novembro de 12:25 a 14:25 celébrase un ano máis o Magosto no noso centro. Contaremos con música tradicional e degustación de castañas asadas.
Os carteis para esta actividade foron deseñados polas alumnas de 2º Bacharelato B da materia de Deseño María Brea Chao, Paula Fernández Miguens e Jennifer Mesejo Puga.
Agardamos pasalo moi ben e que o tempo nos acompañe!
Obradoiros
Enviado por Vicedirec. o 24 Outubro, 2016 - 10:34O pasado venres 21 de outubro foron presentados algúns dos obradoiros que serán desenvolvidos en centros educativos da Estrada. No MGB teremos un de "Resolución de conflictos e asertividade" en 1º de ESO e outro de "Prevención de condutas violentas" para 3º de ESO. Terán lugar nas horas de titoría e foron organizados polo departamento de Orientación en colaboración coa asociación Acrofam e o concello.
Máis información en La Voz de Galicia ou no Faro de Vigo.
Luns, 24 de outubro, Día da Biblioteca
Enviado por admin o 20 Outubro, 2016 - 17:32O luns 24 de outubro é o día da biblioteca. Celebrarémolo no 2º recreo coa entrega dos diplomas que remitiu a Xunta de Galicia para os axudantes do curso pasado, diplomas que serán entregados pola directora do centro.
Servirase un chupito de chocolate en homenaxe a Roalh Dalh, autor lido polos nosos alumnos en varias linguas, xa que o 13 de setembro cumpríronse 100 anos do seu nacemento.
Se premes nesta ligazón poderás ler o texto do pregón escrito pola gañadora do premio nacional 2015 Ledicia Costas.
** Roald Dahl, nado en Llandaff, Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e falecido en Oxford, o 23 de novembro de 1990, foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Iago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.
"Maquinando" no MGB
Enviado por Vicedirec. o 30 Septembro, 2016 - 11:14Onte xoves 29 de setembro visitou o noso centro a compañía de teatro The Momento Impro para levar a cabo unha actividade de improvisación teatral co alumnado de 1º de bacharelato. Tedes máis información neste enlace. Moitas grazas polo bo momento que pasamos!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »