O alumnado de 3º ESO no teatro

Cartel II.jpg

O pasado venres 29 de setembro sesenta e cinco alumnos de 3º ESO, acompañados por catro profesoras, acudiron ao Teatro Principal da Estrada para asistir á representación teatral da obra "Na butaca (fantasía nº 3 en Dor Maior)"Trátase dunha obra benéfica organizada co motivo do Día Mundial do Alzheimer e realizada pola Asociación Galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA), en colaboración con Butaca Zero. Abordou de forma poética e optimista o tema do esquecemento.

Despois da obra de teatro tivo lugar un foro-teatro dirixido pola psicóloga Amantia Colleo.