Alumn@s do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas
Enviado por Vicedirec. o 31 Marzo, 2017 - 09:13
Os/as alumnos/as de 2º Bacharelato do noso centro: Alejandro Abonjo Bouzas, Diego Cora Calvo, Antía Paz Carracedo e Mateo Varela Miranda participarán o xoves 6 de abril na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato.
Máis información nesta ligazón.