Complementarias

Campionato de Fútbol Sala

O mércores 22 de xuño disputáronse as dúas finais do Campionato de Fútbol Sala. Os resultados por categorías foron os seguintes:

- Categoría 1º-3º de ESO: Gañador o equipo "Los leones del Atlas".

- Categoría 4º-Bacharelato: Gañador o equipo "Bazaliños".

Parabéns!

Campionato de pimpón

Na final do Campionato de Pimpón disputada o mércores 22 de xuño resultou gañador Carlos Delgado Tejedor e en 2º lugar Pablo Diéguez Rebolo, alumnos de 2º de ESO. Parabéns!

Campiones Pimpón - 200px-2.jpg

Fotos do Acto de despedida de 2º de Bacharelato

Xa están dispoñibles as fotografías da Graduación de 2º de Bacharelato. Pódense consultar na nosa galería Flickr.

.

Visita do alumnado do CEIP Pérez Viondi

O vindeiro luns 20 de xuño ás 10:30 recibiremos a visita do alumnado do CEIP Pérez Viondi. Serán recibidos na Sala de Usos Múltiples do centro e, a continuación, realizarán un percorrido polas instalacións.

Fotos do obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns

O pasado martes 24 de maio o alumnado que cursa Tecnoloxía Industrial I e II participou na actividade "Obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns", organizada polo Departamento de Tecnoloxía e financiada pola ANPA do centro. Dito Obradoiro foi impartido polo enxeñeiro electrónico e músico Mateo Mena Calavia.
O obxectivo da actividade foi a construción de diversos dispositivos sonoros a través de cadanseu proxecto concreto. Para isto empregáronse materiais cotiáns xa que o obxectivo primordial foi o de estimular a creatividade, a concienciación ambiental e a aprendizaxe cooperativa, poñendo en xogo coñecementos concretos de tecnoloxía (electrónica, electricidade) e xerais de física, química e música.

Velaquí unha reportaxe gráfica de dito obradoiro:

Obradoiro de música electrónica con obxectos cotiáns

"Mesa de traballo informativa"

Hoxe venres 27 de maio, de 13:35 a 14:25, terá lugar na Sala de Usos Múltiples do centro unha "Mesa de traballo informativa" para o alumnado de 1º de Bacharelato. Falarase fundamentalmente das diversas perspectivas profesionais en diversas áreas de traballo.

Acto de Despedida de 2º de Bacharelato

Mañá mércores 25 de maio ás 19:00 horas terá lugar no Teatro Principal da Estrada o Acto de Despedida do alumnado de 2º de Bacharelato. Moitas felicidades a tod@s!

Catalibros T1-Ep.1

Presentamos hoxe o primeiro episodio de Catalibros, unha serie orixinal elaborada polo equipo da MeGaBiblioteca.

Se estás interesado en participar, envía un correo-e a megabiblioteca@iesgarciabarros.org, indicando o teu nome, título do libro, cómic ou pelícua da túa elección, materia relacionada e profesor que a imparte.

Podes ler as instrucións detalladas neste documento.

Premiados do concurso "Coida a túa lingua"

Os gañadores do concurso "Coida a túa lingua", organizado polo Equipo de Normalización do noso centro foron: Ángel Louzao Neira (3º A ESO) na categoría A, Nerea Agrelo Turnes (4º C ESO) e Raquel Fonseca Pontes (4º C ESO) na categoría B e Suso Iglesias Torres (Departamento de Matemáticas) na categoría C.
Parabéns a todos eles!

GAADOR~1.PNG

Cervantes e de Shakespeare

Para celebrar o Día do Libro, a MeGaBiblioteca preparou unha selección de textos e outra de viñetas sobre a obra de Cervantes e de Shakespeare.

Ademais o venres 22 no segundo recreo teremos o Gran concurso d'O rosco de Miguel e William.

Apúntate na biblioteca para participàr. Xógase por equipos de catro persoas. Haberá premio para o equipo gañador.

Os xoves fóra da aula

O xoves 21 de abril comeza "Os xoves fóra da aula". Nos segundos recreos dos xoves poderemos presenciar algunhas actividades desenvolvidas nas aulas. Este xoves o alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato mostrará minirrepresentacións (unhas en vídeo e outras en directo) sobre escritoras anteriores ao século XVIII, realizadas por eles na aula baixo a coordinación de Chelo Vázquez.

Talleres de igualdade e prevención da violencia de xénero

Hoxe martes 5 de abril comezan as sesións dos talleres de prevención de violencia de xénero para o alumnado de 2º de ESO. Terán lugar ao longo de seis martes, en horario de titorías. É unha actividade organizada polo departamento de Orientación en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) do concello da Estrada e a asociación Acrofam. Máis información neste enlace.

Charla da escritora Elena Martínez

O vindeiro mércores 6 de abril ás 10:45 horas a escritora Elena Martínez virá ao noso centro a falar da súa obra aos rapaces de 3º de ESO. Trátase dunha actividade organizada polo departamento de Orientación.

portada.jpg

Contido da charla da Selectividade 2016

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (1 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade adxuntamos fichero do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Roteiro d'A Esmorga

Este xoves 31 o alumnado deste Centro fixo un percorrido polo roteiro dos protagonistas d'A Esmorga pola cidade de Ourense para máis tarde desprazarse ao Pazo Museo de Trasalba de Otero Pedrayo.

P3300076.JPG
Distribuir contido