Premios Odisea 2017

Hoxe no primeiro recreo tivo lugar a entrega de premios do concurso de Cultura Clásica Odisea 2017.

Os gañadores do MGB foron os equipos seguintes:

  • 1º clasificado: RURSUS (Aldara Baliño e Ángela Vinseiro 1º BAC C)
  • 2º clasificado: EL CÁRTEL DE ROMA (Adrián Gago e Sebastián Eiras 2º BAC C)
  • 3º clasificado: ΕΝ ΤΩ ΣΥΜΠΟΣΙΟΝ (Iria Señoráns, Alba Carballeda 2º BAC C)

Aínda que finalmente ningún equipo puido pasar ao desempate temos que salientar o gran traballo realizado, xa que só resposta con máis dunha palabra (algo non permitido nas bases) nos privou de estar entre os mellores de Galicia.

Intentaremos facelo mellor a próxima edición.