Magosto
Enviado por Vicedirec. o 10 Novembro, 2016 - 10:40
O vindeiro venres 11 de novembro de 12:25 a 14:25 celébrase un ano máis o Magosto no noso centro. Contaremos con música tradicional e degustación de castañas asadas.
Os carteis para esta actividade foron deseñados polas alumnas de 2º Bacharelato B da materia de Deseño María Brea Chao, Paula Fernández Miguens e Jennifer Mesejo Puga.
Agardamos pasalo moi ben e que o tempo nos acompañe!