Equipos de alumnado axudante á convivencia

Neste trimestre comerará un proxecto de convivencia positiva en 1º e 2ºESO onde se busca dar máis protagonismo ao alumnado na mellora da convivencia no centro. 

Consiste na formación dun “Equipo de alumnado axudante á convivencia” por aula.

Cada equipo, formado por 3 ou 4 persoas, axudará a que a relación entre o alumnado sexa máis positiva. Para poder desempeñar esta función formaráselles en temas como a escoita activa, a importancia das emocións na comunicación, a empatía, o valor da confidencialidade...

Os membros do equipo teñen que cumprir dúas condicións, primeiro ser escollido na aula polos seus propios compañeiros e compañeiras e pola titora de convivencia do seu nivel e segundo, acceder voluntariamente. Unha vez seleccionados terase unha reunión coas familias do “Alumnado axudante á convivencia” onde se dará máis información.

Esperamos que este proxecto teña continuidade nos próximos cursos, podendo formar parte deste equipo o maior número de alumnado posible.

Calquera dúbida contactar co seminario de Convivencia e Inclusión do IES MGB