O alumnado de 2º de Bacharelato Artístico inaugura exposición

O alumnado de segundo de bacharelato de artes do IES Manuel García Barros presenta a súa primeira exposición no concello de A Estrada, baixo o nome de "Arte Z". Levarase a cabo dende o luns día 1 de abril até o sábado 13 de 18:00 a 20:00 abrindo os sábados de 11:00 a 13:00 (con excepción dos domingos). Será na sala de exposicións Abanca na e contará ca participación de doce rapaces. 
 Os cadros creados polos alumnos son variados, de técnicas dispares e temáticas creativas, que van dende as máis cotiás até as máis serias. A crítica social está presente en moitas das obras dos mozos, e ningún parece temer en ningún momento expoñer realidades coma a violencia de xénero ou a discriminación de grupos coma a comunidade homosexual; porén, non tódo-los cadros contan con este tinte reivindicativo, e en moitos casos tenden ós retratos, ó debuxado de paisaxes ou á representación de temas máis alegres. Na exposición, grazas á ampla variedade de artistas e obras, veranse estilos e técnicas de moitos tipos, que dan vida ó conxunto artístico e expresan o carácter de tódo-los rapaces que participan. Ademais, para os apaixoados da arte, ofrecerán prints a prezos asequibles dalgúns dos seus traballos.

Este acto será posible grazas á participación do concello, que condeceu a oportunidade ó alumnado levar a cabo a idea e prestou unha das súas salas de exposición.

Uxía Silva.