Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Educación Física, Física e química, Linguas clásicas, Inglés, Matemáticas, Orientación, Tecnoloxía, Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Economía, Plástica e Visual, Electricidade, Filosofía, FOL, Francés, Castelán, Galego, Mantemento, Música, RelixiónXornada de ráfting no IES LaxeiroNa solleira mañanciña deste venres 31 de maio mozas e mozos de 1º de bacharelato, con algunha intrépida alumna de 4º de ESO, descenderon un tramo do río Ulla a bordo de tres balsas neumáticas, completando unha fantástica experiencia de ráfting. O Ulla, un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia, e grazas ás temperaturas destes días, convidaba a mollarse e así foi, non só polas salpicaduras se non tamén polos chapuzóns (algúns adrede e outros non tanto). O bo facer dos profesionais de Arrepions contribuiu ao éxito desta xornada de ráfting desenvolta na zona de Herbón. Velaquí unhas instantáneas dos mellores momentos. Para ver todas as fotos, clica aquí ou en calquera das dúas fotos anteriores e entra usando a túa conta de correo do IES Laxeiro (@ieslaxeiro.com). Inspectores ambientais por un díaOs alumnos de Bioloxía de 4º ESO do IES Laxeiro, dentro do programa do Proxecto Ríos, realizan unha inspección do río Pontiñas para valorar a súa situación e calidade ambiental. » Participación do IES Laxeiro no encontro internacional en Kuopio (Finlandia)O IES Laxeiro participa, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, nun encontro internacional na cidade finesa de Kuopio xunto con delegacións do centro escolar Şehit Mehmet Şengül Ortaokulu, sito na cidade turca de Tekirdağ, do Collège Marthe Dupeyron, da vila francesa de Langogne e os seus correspondentes do Jynkänlahden koulu na cidade nórdica. Un total de 20 estudantes, 6 deles lalinenses de 4º de ESO, son acollidos por outras tantas familias de Kuopio, mergullándose deste xeito na vida local de modo completo e mesmo na escolar pois participan de boa parte das súas actividades, xa derradeiras ao remataren o curso escolar no mes de maio. » Na recta final do proxecto Erasmus+ Tunnel of TimeA piques de marchar para Kuopio, onde terá lugar a derradeira xuntanza entre os socios, enfiamos o tramo final do proxecto Eramus+ bianal Tunnel of Time. Aquí deixamos unha sinopse do fixemos máis algo do que pasou no noso instituto nestes dous anos:
Deporte escolar: campionato de bádminton n'A EstradaEste martes 14 de maio celebrouse n'A Estrada a fase zonal da modalidade de Bádminton, correspondente as competicións do programa Deporte Escolar, organizada pola Xunta de Galicia. Alumnado de Silleda, A Estrada, Moraña e Lalín participaron nas categorías infantil e cadete masculino e feminino. 22 alumnas e alumnos do IES Laxeiro acudiron acompañados polo profesorado de EF, gozando dunha xornada deportiva con moi bo ambiente, na que fixeron labores de arbitraxe e de competidores. Parabens a todos e todas polo voso esforzo e comportamento. Visita do centro londiniense Vicente Cañada BlanchO pasado venres 10 de maio o IES Laxeiro recibiu a visita de tres docentes e 28 estudantes de galego do IE Cañada Blanch de Londres que percorreron Galicia en viaxe de estudos. Son algo máis dun terzo dos 75 alumnos e alumnas que estudan o galego no centro educativo londiniense grazas ao convenio asinado, no ano 1991, entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura e Turismo, e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Alberto Garrido diserta no IES Laxeiro sobre os perigos da dopaxeO pasado venres 22 tivemos a oportunidade de escoitar a experiencia vital dun exculturista, Alberto Garrido, ferrolán de 44 anos que tivo a valentía de dar a coñecer, de primeira man, cales son as consecuencias do consumo de sustancias prohibidas e perigosas, co fin de mellorar o rendemento ou, como no seu caso, acadar un corpo acorde as esixencias do modelo de competición da súa disciplina. Entrevista no Faro de Vigo
Plan Programa Alerta Escolar
¿Qué é? É un programa posto en marcha dende o 2007-08 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico queconte con coñecementos do alumnado con esta problemática.
¿A quen afecta? A alumnado que presente: -alerxias -epilepsia -diabetes Dado que no centro existen estas patoloxías, informamos ao conxunto da comunidade educativa e especialmente ás familias, para que coñezan o programa e o soliciten, se o desexan.
¿Cómo inscribirse? 1.-Aportar informe médico co diagnóstico e recomendacións asistenciais. 2.-Cubrir o formulario de Alerta Escolar coa declaración de conformidade de rexistro dos datos do menor. 3.-O centro tramitará o expediente con Urxencias Sanitarias 061. ¿Cómo procede o 061? 1.-Contacta co centro para confirmar o rexistro do menor. 2.-No caso de que o menor precise algunha especialidade farmaceútica (adrenalina, prednisona….), deberá ser aportada pola familia co nome do alumno/a rotulado e renovala cada curso. 3.-No caso de emerxencia, crise… o centro contactará co 061, facilitará o estado do menor e o persoal médico fará indicacións de cómo atender a emerxencia ademáis de movilizar o recurso preciso (ambulancia…) e indicar canto tardará en chegar ao centro.
Este documento é informativo polo que as familias ou membros da comunidade educativa interesados, deben comunicarse con orientación (886 15 19 45). Dado que se trata de información sensible (datos médicos de menores), manterase o debido sixilio e confidencialidade dos datos (protocolo de protección de datos en educación).Este documento está incluído no PAT dentro do apartado de ámbitos de actuación: familias e consúltase en http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/ no apartado pais/nais » Difusión da reunión en Langogne - FranciaO alumnado participante na actividade transnacional de aprendizaxe, ensino e aprendizaxe celebrada en Langogne (Francia), no marco do proxecto Tunnel of Time,difundiron o traballo e experiencias vividas no programa ao compañeiros-as de 4º e 1º de ESO. Aproveitamos tamén para dar a coñecer os programas que levamos a cabo en FP.
TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019
Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com
|
Novos números
|