Despois de entregadas as memorias das pontes de Tecnoloxía, estivemos un par de sesións antes das vacacións de Semana Santa para aprender a dixitalizar os nosos bocetos e croquis das pontes. Realizámolos co paquete ofimático Libre Office e, para moitos alumnos/as, foi a súa primeira incursión no debuxo con ordenador.
Compartimos aquí algún dos traballos realizados por Anne, Candela, Nerea, Miriam, Pablo R. Pablo G, Alejandro e Saúl.