Skip to Content

Introducción á Intelixencia Artificial en TIC II . De falar coas máquinas ás noticias "fake"

Dentro do marco de internet e a creación de contidos web, este curso decidímonos a probar e investigar acerca da Intelixencia Artificial, dende falar coas máquinas ata a fabricación de ''Fake News''. O proxecto concluiría co entrenamento e proba do noso propio Chatbot, que realizamos con IBM Watson en Scratch 3 dentro do proxecto MLK (Machine Learning for Kids).

Lamentablemente, o programa non nos deixa compartir o noso traballo, pero sí podemos ensinar un video exemplo do resultado, falar acerca do proceso de aprendizaxe e compartir unhas pequenas instantáneas que reflexan o traballo realizado.

Comezamos o noso percorrido investigando acerca da historia da intelixencia artificial, centrándonos nos chatbot. Logo buscamos alternativas para poder realizar un propio. 

 

Presentación orixinal de Laura G.O. 2º BAC TIC II

Aprendimos neste proceso cómo podemos facer para identificar as Fake News realizando o test que se liga na imaxe seguinte:

deep fake

Recomendámovos esta actividade, xa que non chega con contrastar ás informacións en diferentes fontes, senon que o desenvolvemento do espíritu crítico vai ser imprescindible na sociedade que comeza co desenvolvemento da IA.

 Un exemplo dos Chatbot creados, dos máis traballados e do que mellor funcionou é o Chatbot que che ensina a xogar ao Xadrez de Diego R. do que podedes ver o seu funcionamento no seguinte vídeo:

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Iniciación á IA: Creación dun Chatbot en Scratch 3.0


album | by Dr. Radut