Descobre a nova Aula Virtual do centro. Novas posibilidades da versión Moodle 3.3.6
Este verán a Consellería instalou en todos os centros de Galicia unha nova versión de Moodle dentro da plataforma Webs Dinámicas. Moodle é o servizo que nos permite ter aulas virtuais libres e seguras dentro dos servidores da Consellería de Educación. E será empregada por case a totalidade da nosa comunidade educativa, agás en 1º ESO que simultanearán coas aulas virtuais do proxecto Abalar-Edixgal coma aula principal.
Todo o alumnado do centro dispón xa de conta no Aula Virtual Moodle Webs Dinámicas
USUARIOS |
- Instalar a app no meu dispositivo
- Que podo facer coa app Moodle Mobile
- Funcionalidades principais de Moodle Mobile
Moodle Mobile
Características principais
Coa app Moodle Mobile, todos os teus cursos móstranse nunha lista con acceso fácil aos contidos, participantes, cualificacións e notas.
Podes traballar algunhas tarefas fóra de liña e lógo sincronizalas en canto teñas conexión WiFi
Accede fácilmente ao contido do curso
Visualiza as actividades do curso e descarga os materiais que queiras usar off-line
Cualificacións e cualificar
Os alumnos poden acceder ás súas cualificacións nos cursos que están matriculados e os profesores poden ver os envíos das tarefas dos seus alumnos
Carmen Núñez Faraldo (coordinadora TIC)