blogue deadmin
Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO
Enviado por admin o Lun, 30/05/2022 - 18:42Publicouse no DOG a convocatoria dos premios extraordinarios de ESO destinada a alumnado que no actual curso académico cursase 4º de ESO e que obtivese nos catro cursos da etapa unha nota igual ou superior a 9. Tedes toda a información na seguinte ligazón:
Charla para familias de 1º e 2º de ESO
Enviado por admin o Ven, 27/05/2022 - 17:32O mércores 1 de xuño ás 19:00h. terá lugar a charla "Teño un/ha fillo/a adolescente: límites e normas", a cargo do psicólogo Daniel Novoa, destinada ás familias de alumnado de 1º e 2º de ESO. Pola importancia do tema a tratar esperamos contar coa vosa presenza.
O IES Auga da Laxe solicita o Bacharelato Xeral e o de Artes para o Val Miñor
Enviado por admin o Mar, 24/05/2022 - 20:09O Consello Escolar do IES Auga da Laxe dirixiuse á Consellería de Educación para solicitar a implantación no Val Miñor do Bacharelato de Artes e da nova modalidade de Bacharelato Xeral, que comeza a impartirse no próximo curso 2022-23 e que, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Educación, n
Reunións informativas para familias da ESO
Enviado por admin o Lun, 02/05/2022 - 23:25Co obxectivo de informar dun xeito máis directo as familias do alumnado da ESO sobre o desenvolvemento da fin de curso e sobre a nova normativa de avaliación, promoción, titulación e concesión de matrículas de honra para este curso 2021-2022, convócanse as seguintes reunións informativas
Actualización dos criterios de promoción, titulación e concesión de matrículas de honra. Adaptación das programacións didácticas
Enviado por admin o Lun, 02/05/2022 - 19:05Logo da publicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación no sistema educativo de Galicia, o claustro do IES Auga da Laxe elaborou e aprobou unha modificación da súa concreción curricular para adaptarse á nova normativa no relativo a criterios de avaliación, promoción
Novas directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 19:37- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
