O club da igualdade achégase ao proxecto Discamino

Este próximo luns 12 de decembro temos sesión do Club da Igualdade e estarán con nós persoas da asociación Discamino que nos van falar do traballo que realizan. Discamino é un proxecto inspirador que axuda a persoas con diversidade funcional a cumprir o soño de facer o Camiño de Santiago preparándoas física e mentalmente e ofrecéndolles o acompañamento, a loxística e os recursos necesarios para levar adiante ese soño. Vémonos o luns ás 15:30h no salón de actos do instituto. Lembrade reservar o voso bocata na cafetaría este venres día 9. Esperámosvos!
O cartel desta sesión é obra de Andrea Expósito, de 4º ESO, a quen lle agradecemos o seu traballo.