blogue deadmin

Calendario dos exames finais do curso 2021-2022 (do 20 ao 22 de xuño):

O calendario contén as probas correspondentes ás seguintes convocatorias e niveis:

- Probas finais das materias pendentes da ESO (todos os cursos).
»

Enquisas de prematrícula para o curso 2022/23: Información sobre as eleccións de materias

O alumnado da ESO cubrirá as enquisas no centro nunha sesión de titoría. O alumnado de 1º de Bacharelato cubriraas telematicamente desde as súas casas. O prazo límite para o alumnado de 1º de Bacharelato é o 7 de xuño.

Nos seguintes documentos ofrécese unha información esquemática sobre as escollas que pode realizar o alumnado nos diferentes niveis:

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO

Publicouse no DOG a convocatoria dos premios extraordinarios de ESO destinada a alumnado que no actual curso académico cursase 4º de ESO e que obtivese nos catro cursos da etapa unha nota igual ou superior a 9. Tedes toda a información na seguinte ligazón:

Charla para familias de 1º e 2º de ESO

O mércores 1 de xuño ás 19:00h. terá lugar a charla "Teño un/ha fillo/a adolescente: límites e normas", a cargo do psicólogo Daniel Novoa, destinada ás familias de alumnado de 1º e 2º de ESO. Pola importancia do tema a tratar esperamos contar coa vosa presenza. 

O IES Auga da Laxe solicita o Bacharelato Xeral e o de Artes para o Val Miñor

O Consello Escolar do IES Auga da Laxe dirixiuse á Consellería de Educación para solicitar a implantación no Val Miñor do Bacharelato de Artes e da nova modalidade de Bacharelato Xeral, que comeza a impartirse no próximo curso 2022-23 e que, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Educación, n

Reunións informativas para familias da ESO

Co obxectivo de informar dun xeito máis directo as familias do alumnado da ESO sobre o desenvolvemento da fin de curso e sobre a nova normativa de avaliación, promoción, titulación e concesión de matrículas de honra para este curso 2021-2022, convócanse as seguintes reunións informativas

Distribuir contido