blogue deadmin

Actualización dos criterios de promoción, titulación e concesión de matrículas de honra. Adaptación das programacións didácticas

Logo da publicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación no sistema educativo de Galicia, o claustro do IES Auga da Laxe elaborou e aprobou unha modificación da súa concreción curricular para adaptarse á nova normativa no relativo a criterios de avaliación, promoción

Novas directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo

A Consellería de Educación acaba de publicar un documento con novas directrices sobre o uso da máscara no ámbito educativo, logo da aprobación do Real Decreto 286/2022 polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras. Nestas novas directrices lémbrase a obrigatoriedade do uso da máscara por parte do alumnado maior de 6 anos no transporte escolar, ao tempo que se reitera a recomendación, con carácter voluntario, do seu uso no interior dos centros educativos.

Sesión mensual do Club da Igualdade

O vindeiro luns 25 de abril terá lugar a sesión mensual do Club da Igualdade.

Charla "O teu algoritmo"

Hoxe martes, organizada polos departamentos de Matemáticas e Tecnoloxía, unha gran parte do alumnado de 1º de Bacharelato de Matemáticas I e TIC I asistiu á charla "O teu algoritmo", a cargo de Jaime González, da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Grazas!

Convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación e FP

O sábado 12 de marzo publicouse no BOE a convocatoria das bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2022/2023. As bolsas MEC concédense para estudos de FP, Bacharelato e Idiomas, así como estudos universitarios de Grao.

Distribuir contido