Novas directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 20:37
A Consellería de Educación acaba de publicar un documento con novas directrices sobre o uso da máscara no ámbito educativo, logo da aprobación do Real Decreto 286/2022 polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras. Nestas novas directrices lémbrase a obrigatoriedade do uso da máscara por parte do alumnado maior de 6 anos no transporte escolar, ao tempo que se reitera a recomendación, con carácter voluntario, do seu uso no interior dos centros educativos. Recoméndase especialmente o seu uso, xunto con outras medidas de prevención, para casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos. Ademais, lémbrase a recomendación xeral de non asistir ao centro educativo se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís.
Na seguinte ligazón pódese acceder ao documento completo: