Actualización dos criterios de promoción, titulación e concesión de matrículas de honra. Adaptación das programacións didácticas

Logo da publicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación no sistema educativo de Galicia, o claustro do IES Auga da Laxe elaborou e aprobou unha modificación da súa concreción curricular para adaptarse á nova normativa no relativo a criterios de avaliación, promoción, titulación e concesión de matrículas de honra. Ademais, realizouse tamén unha adaptación das programacións didácticas dos diferentes departamentos para este curso 2021-2022. 

Nestes enderezos que se achegan pódense consultar os dous documentos completos.

Lémbrase que no presente curso académico non haberá convocatoria extraordinaria na ESO. Realizarase unha 3ª avaliación parcial a partir do 6 de xuño e unha avaliación ordinaria final a partir do 23 de xuño. O período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría.

 En Bacharelato, en cambio, realizaranse probas extraordinarias os días 20, 21 e 22 de xuño.