blogue deadmin

Admisión de alumnado para o curso 2023- 2024

Está aberto o proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024, cos seguintes prazos:

- Ata o 6 de febreiro, reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP Chano Piñeiro para 1ºESO e IES Terra de Turonio para 1ºBach). As solicitudes poden presentarse de xeito telemático ou presencialmente nos centros de orixe.

Concerto pro-viaxe de 4ºESO a Madrid

O venres 3 de febreiro ás 20:00h celebrarase no instituto un concerto aberto ao público co obxectivo de recadar fondos de axuda para financiar a viaxe de fin de etapa do alumnado de 4ºESO a Madrid. No concerto actuarán o grupo de música de 4ºESO e tamén Los Afrancesados, un dos grupos residentes dos obradoiros de música que funcionan no instituto baixo a coordinación do profesor Sergio Álvarez.

No Club da Igualdade, falamos de amores que matan

O luns 30 de xaneiro ás 15:30h temos a sesión mensual do Club da IgualdadeNesta ocasión falaremos de violencia machista a partir da proxección e comentario de diferentes materiais.

Premio no concurso I-Comercio

Un grupo de catro alumnos e alumnas de Economía de 4ºESO acaba de gañar un dos premios do concurso I-Comercio: idea o teu comercio, que convoca a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo achegar a xente nova ao com

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2023.

Prazos de presentación de solicitudes:

O club da igualdade achégase ao proxecto Discamino

Este próximo luns 12 de decembro temos sesión do Club da Igualdade e estarán con nós persoas da asociación Discamino que nos van falar do traballo que realizan.

Distribuir contido