"SEMINARIO PERMANENTE: CANTOS CONTOS CONTAS?"

O Seminario Permanente "Cantos contos contas?", con sede no IES Politécnico de Vigo, traballou durante este curso a competencia lingüística dun xeito lúdico cos alumnos de 30 ESO partindo dos contos, que poñen en práctica o pracer da lectura, da narración e da interpretación ao mesmo tempo que interiorizan valores individuais e
sociais que fan que o mundo en que vivimos sexa cada día mellor.
Centrámonos na creación e representación de kamishibais, que en xaponés significa 'teatro de papel" e decidimos sacar da aula, en colaboración co grupo de traballo da Biblioteca, o resultado do noso traballo. Fixemos dúas representacións: a primeira no propio IES para os alumnos de 1º de ESO; a segunda no CPI Emilia Pardo Bazán, centro de procedencia dos máis dos nosos alumnos e alumnas. Recollemos aquí unha síntese do resultado.

GAÑAMOS O CONCURSO DO VIDEOXOGO!!!

1º da ESO e a alumna Ana Ramírez Iglesias obtiveron premios no concurso Viaxe ás Covas do Folón.

Intercambio con Hamburgo

 

Intercambio dunha semana de duración con arredor de 15 alumnos do instituto WOLFGANG-BORCHERT-GYMNASIUM, en Halstenbek (a 20 km do centro de Hamburgo). 

O intercambio realizouse mediante a fórmula de acollida entre alumnos. O alumnado de Halstenbek acolleu ao alumnado de Vigo na semana do entroido, do 17 ao 24 de febreiro, e o alumnado de Vigo acolleu ao alumnado de Halstenbek a primeiros de maio. 

Fotos Comenius Multilateral

Recorrido polo IES Politécnico de Vigo. Recepción en Castrelos polo Sr. Alcalde de Vigo D. Abel Caballero. Rally turístico por Vigo. Recepción polo Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa D. José Luis Mira Lema

 

Reunión en Vigo do Proxecto Comenius Multilateral - Rediscover the Real European Values

Entre o 16 e 20 de abril de 2012 o IES Politécnico de Vigo será anfitrión da reunión do proxecto de Camenius Multilateral "Redescubrir os valores reais de Europa" no que participamos. Recibiremos cos brazos abertos unha marea de alumnado de toda Europa, das escolas seguintes:

  • Scoala Cu Clasele I-VIII "Mihai Eminescu“. Roman (Rumanía)
  • Liceul Teologic Romano-catolic "Sf. Francisc De Assisi“. Roman (Rumanía)
  • Tallinn English College. Tallinn (Estonia)
  • Istituto Comprensivo di Gatteo. Gatteo (Italia)
  • VII Istituto Comprensivo “G.A.Costanzo”. Siracusa (Italia)
  • AG Ungdomsskole. Lyngdal (Noruega) 
  • Institution Notre-dame. Toulon (Francia)
  • Gymnasio Ayiou Dhometiou. Lefkosia (Chipre)
  • Maarten Van Rossem. Arnhem (Holanda) 
  • Kemal Türkler Primary School. Istanbul (Turquía)

O obxectivo do proxecto de "Redescubrir os valores reais de Europa" céntrase en axudar ao alumnado a descubrir e comprender os principais valores éticos e tradicionais que estiveron na base da formación da civilización europea: honestidade, o respecto, a xenerosidade, a tolerancia, a bondade, a familia, o heroísmo, a valentía, a educación, o respecto polas tradicións, a protección do medio ambiente. Deste xeito, os nenos, os mestres e os pais desenvolven novas competencias no campo da conciencia cultural, xunto coas habilidades, coñecementos e actitudes que lles permitirán apreciar estes valores e aumentará o seu sentido da iniciativa para facer activos estes valores durante a súa vida, polo desenvolvemento dun sentimento da conciencia europea. 

Programa de actividades que levaremos a cabo.

Desexamos unha estancia moi agradable, útil e chea de ledicia a tódolos participantes.

II CAMPIONATO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL, GALICIASKILLS 2012

Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 20 competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes medirán as súas destrezas e demostrarán as súas capacidades na realización das correspondentes probas. As 20 competicións celebraranse ao longo do mes de outubro de 2012.

No IES Politécnico de Vigo realizaranse os GaliciaSkills nas especialidades de torneado e de fresado.

Toda a información en http://www.edu.xunta.es/fp/galiciaskills

A solicitude de inscripción deberá remitirse, entre o día 1 de febreiro e o día 31 de marzo de 2012, ao seguinte enderezo de correo electrónico sxopre@edu.xunta.es

Iniciativa ‘Competencias Industriais’

A Consellería de Cultura e Educación apoia os proxectos do IES Politécnico de Vigo de colaboración para a innovación entre as Pemes e os centros de FP

O director xeral de Educación participou hoxe na presentación da iniciativa ‘Competencias Industriais’

Informe Extraordinario do Valedor do Pobo: Adolescentes e Internet en Galicia.

Informe Extraordinario do Valedor do Pobo: "Adolescentes e Internet en Galicia", o estudo máis completo realizado ata o de agora acerca de os hábitos e usos de Internet da nosa mocidade. Como poderán comprobar, este documento reflicte con enorme fidelidade cales son os comportamentos habituais dos máis novos cando se conectan á Rede en canto aos seus horarios, usos das redes sociais ou motivacións para acceder a ela, entre outros aspectos.

NOVAS ACTIVDADES DA ANPA

A ANPA xa ten programadas as actividades proposta para este curso escolar.

Podes ver toda a información en http://anpapeniche.blogspot.com/

Larraitz e Cristian, olímpicos dos skills da formación profesional

spainskills      Larraitz e Cristian, olímpicos dos skills da formación profesional, colaborando de xeito conxunto.
      En Madrid foron competidores nas olimpíadas dos ciclos formativos; Larraitz, alumna do IMH, levou o ouro, e Cristian, do Politecnico de Vigo, a prata, ambos na proba de CNC fresa. Durante dúas semanas estudarán xuntos para prepararse para as probas de Worlskills e Euroskills respectivamente. Desexámoslle os maiores éxitos. PODEMOS!!!

      Máis información

 

 

 

 

 

ENFAMEC 2011

Durante os días 10 e 11 de xuño celebrase no IES POLITÉCNICO DE VIGO as Xornadas de FABRICACIÓN MECÁNICA DE 2011 - ENFAMEC 2011

Programa do ENFAMEC XI

Revista do ENFAMEC XI

Vídeo da Inauguración do XI Encontro de Fabricación Mecánica polo Sr. Director Xeral de FP D. José Luis Mira Lema

Vídeo da Clausura do XI Encontro de Fabricación Mecánica polo Sr. Conselleiro de Eduación e Ordenación Universitaria D. Jesús Vázquez Abad

 

Proyecto Comenius Regio - 2ª Reunión 06-10/06/2011 en Vigo

                 Comenius Regio

      O Instituto Politécnico de Vigo está inmerso en varias actividades europeas, entre elas, e coa colaboración do concello, estase desenvolvendo un Proxecto "Comenius Rexio". O Concello de Vigo e o goberno do Landkreis Osnabrück constitúen os socios principais deste proxecto, que ten como obxectivo preparar a realización de futuros intercambios de alumnado coa cidade alemá de Osnabrück.

Recepción no Concello

      Entre os días 6 e 10 de xuño unha delegación da rexión alemá visitan Vigo. Este martes 7 a concelleira en funcións de Educación, Laura López Atrio, ten a recepción oficial dos principais socios do proxecto, entre os que asisten representantes do goberno do Landkreis Osnabrück, da universidade e de institutos de devandita rexión. Por parte viguesa tamén asisten representantes do IES Politécnico, da Asociación de Pais e do Club Deportivo Galego de Kinball.

      Esta visita responde á realizada a Osnabrück no mes de xaneiro pola representación de Vigo. Estes días a delegación alemá tamén realizará visitas a empresas da contorna e ao campus universitario.

      Nestes encontros de traballo establécense os acordos para permitir o intercambio de alumnado entre ambas cidades. Unha vez finalizado este proxecto calquera centro de Vigo poderá realizar intercambios organizados con centros de Osnabrück.

      No entanto o Politécnico xa está realizando actividades con esta cidade alemá, enviando aos seus alumnos de ciclos formativos a realizar as prácticas en empresas e ao seu alumnado de bacharelato a realizar intercambios co alumnado alemán. De feito, o próximo día 24 partirán para Hamburgo un grupo de alumnos de bacharelato.

      PROGRAMA DAS REUNIÓNS

 

Alumno do IES Politécnico subcampión de España en CNC Fresado nas Olimpiadas de FP

O alumno Cristian Fernández Mariño, do CS Programación da Produción en Fabricación Mecánica do IES Politécnico, acadou a medalla de prata na categoría CNC Fresado nas Olimpiadas de Formación Profesional SpainSkills 2011 que se celebraron dende o 4 ao 8 de abril no IFEMA de Madrid.

Convocatoria Consellería de Educación para actividades de formación en linguas estranxeiras

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011.

http://www.edu.xunta.es/axudasle

XORNADAS DE ORIENTACIÓN

CLARIFICA O TEU FUTURO

   Organizadas polo departamento de Formación

   e Orientación Laboral (FOL)

   Do 21 ao 25 de Febreiro, de 10:00 a 11:30 horas.

   No salón de actos do Politécnico

   Caltel das xornadas

   Tríptico das xornadas 

   Artículo no Faro de Vigo

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Conforme a Resolución do 6 de setembro de 2010 da Dirección Xeral de Ord. e Innovación Educativa da Consellería de Educación (DOG do 24 de setembro de 2010), realizaráse a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR do centro:

Nestas eleccións corresponde renovar:

  • 3 Representantes de alumnado
  • 1 Representante de Nais/Pais
  • 3 Representantes de profesorado
  • 1 Representante de persoal de administración e servizos

O prazo de presentación de candidaturas para os distintos sectores e do 16 ao 19 de novembro.

As votacións realizaranse o martes, día 23 de novembro de 11:00 a 12:30 e de 19:00 a 20:00 horas.

Intercambio Europeo VIGO-OSNABRÜCK

AcollidaO Instituto Politécnico está inmerso nun Proxecto Europeo “Comenius Regio” para a preparación de intercambio de alumnos do noso centro con alumnos da cidade Alemaña de Osnabrück. Dentro deste proxecto os intercambios de estudantes concretaranse a partires do ano 2012.

 Independentemente da axudas económicas que presentarán estes programas, neste curso xa se vai a levar a cabo un intercambio dunha semana de duración con 25 alumnos do instituto BBS Osnabrück-Haste que están estudando 12.KL. (1° de Bacharelato) de Psicoloxía e Pedagoxía / Saúde  

O intercambio realizarase mediante a formula de acollida entre alumnos. O alumno/a de Vigo acolleu na súa casa a un alumno/a de Osnabrück dende o 2 ao 8 de novembro, e o alumno de Osnabrück acollerá previsiblemente ao alumno de Vigo dende o 14 ao 22 de maio. 

Distribuir contido