Convocatoria Consellería de Educación para actividades de formación en linguas estranxeiras
Enviado por mtpc o Lun, 14/03/2011 - 22:21
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011.
http://www.edu.xunta.es/axudasle
Destinatarios: Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de:
- 6º Primaria
- 1º, 2º, 3º e 4º ESO
- 1º e 2º Bacharelato
- Ciclos formativos de grao superior con módulo de lingua estranxeira
Requisitos:
- Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
- Nota mínima na área, módulo ou materia de lingua estranxeira de Ben ou 6.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2009/10.
- Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, segundo corresponda. Exento o alumnado de 6º de primaria.
Prazo: ata o 12 de abril (NON incluído)