28 DE ABRIL DÍA DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

Como todos os anos a Organización Internacional do traballo (OIT) conmemora o DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO. Este ano ten como finalidade reflexionar sobre as repercusións do cambio climático na seguridade e saúde das persoas traballadoras.

Algúns exemplos de riscos laborais agravados polo cambio climático son o estrés térmico, a radiación UV, a contaminación atmosférica, os accidentes industriais graves, os fenómenos meteorolóxicos extremos, o aumento das enfermidades transmitidas por vectores e a maior exposición aos produtos agroquímicos. Estes, poden afectar tanto á nosa saúde física como o noso benestar emocional.

O alumnado e  o profesorado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Laborais do IES Politécnico convidámosvos a conmemorar este día lembrando a todas as persoas traballadoras falecidas neste ano en Galicia por mor do traballo.

 

A nosa compañeira Isabel Rodríguez preparounos un vídeo para  conmemorar  o 28 de abril de 2024.