Comenius Regio

Intercambio de estudantes coa cidade alemana de Osnabrück

Proyecto Comenius Regio - 2ª Reunión 06-10/06/2011 en Vigo

                 Comenius Regio

      O Instituto Politécnico de Vigo está inmerso en varias actividades europeas, entre elas, e coa colaboración do concello, estase desenvolvendo un Proxecto "Comenius Rexio". O Concello de Vigo e o goberno do Landkreis Osnabrück constitúen os socios principais deste proxecto, que ten como obxectivo preparar a realización de futuros intercambios de alumnado coa cidade alemá de Osnabrück.

Recepción no Concello

      Entre os días 6 e 10 de xuño unha delegación da rexión alemá visitan Vigo. Este martes 7 a concelleira en funcións de Educación, Laura López Atrio, ten a recepción oficial dos principais socios do proxecto, entre os que asisten representantes do goberno do Landkreis Osnabrück, da universidade e de institutos de devandita rexión. Por parte viguesa tamén asisten representantes do IES Politécnico, da Asociación de Pais e do Club Deportivo Galego de Kinball.

      Esta visita responde á realizada a Osnabrück no mes de xaneiro pola representación de Vigo. Estes días a delegación alemá tamén realizará visitas a empresas da contorna e ao campus universitario.

      Nestes encontros de traballo establécense os acordos para permitir o intercambio de alumnado entre ambas cidades. Unha vez finalizado este proxecto calquera centro de Vigo poderá realizar intercambios organizados con centros de Osnabrück.

      No entanto o Politécnico xa está realizando actividades con esta cidade alemá, enviando aos seus alumnos de ciclos formativos a realizar as prácticas en empresas e ao seu alumnado de bacharelato a realizar intercambios co alumnado alemán. De feito, o próximo día 24 partirán para Hamburgo un grupo de alumnos de bacharelato.

      PROGRAMA DAS REUNIÓNS

 

Publicacións en Alemaña da primeira reunión de traballo do Proxecto Comenius Regio

Nos seguintes links atópase a difusión da primeira reunión do proxecto en distintos medios alemáns: 

                       

Intercambio Europeo VIGO-OSNABRÜCK

AcollidaO Instituto Politécnico está inmerso nun Proxecto Europeo “Comenius Regio” para a preparación de intercambio de alumnos do noso centro con alumnos da cidade Alemaña de Osnabrück. Dentro deste proxecto os intercambios de estudantes concretaranse a partires do ano 2012.

 Independentemente da axudas económicas que presentarán estes programas, neste curso xa se vai a levar a cabo un intercambio dunha semana de duración con 25 alumnos do instituto BBS Osnabrück-Haste que están estudando 12.KL. (1° de Bacharelato) de Psicoloxía e Pedagoxía / Saúde  

O intercambio realizarase mediante a formula de acollida entre alumnos. O alumno/a de Vigo acolleu na súa casa a un alumno/a de Osnabrück dende o 2 ao 8 de novembro, e o alumno de Osnabrück acollerá previsiblemente ao alumno de Vigo dende o 14 ao 22 de maio. 

Distribuir contido