Actividades Física e Química

Actividades do departamento de Física e Química

Facendo lume con madeiras

Os grupos de 4º de Cultura Científica e Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional tentamos demostrar que se pode facer lume como facían os nosos devanceiros en épocas prehistoricas. O descubrimento do lume foi fundamental no cambio de alimentación, no desenvolvemento da intelixencia, na protección do grupo fronte aos depredadores e un sinfín de cousas máis. Sen o lume a historia da humanidade sería ben distinta.

Eclipse de Superlúa do 28 de setembro de 2015

Taller de astronomía

O alumnado de BA1A participou nun taller de astronomía impartido polo profesor de CMC Carlos Alonso

Cun pequeno telescopio observamos Xúpiter e unha fermosa Lúa. Tamén descubrimos as constelacións de inverno a partir do cazador Orión

 

CLICKONPHYSICS

CLICKONPHYSICS

O 14 de abril José Benito Vázquez Dorrío, director da ETS de Enxeñería de Minas, presentou ao alumnado de bacharelato de ciencias a interesantísima web CLICKONPHYSICS, introducíndonos a través de sorprendentes demostracións o que a Ciencia e a Escola de Minas pódenos aportar. 

 

 

 

Xubilación do profesor Alejo Castro

   O profesor de física e química Alejo Castro xubilouse o día 12 de xaneiro. Despois dunha longa traxectoria como docente no Politécnico, o seu alumnado e os seus compañeiros ímolo botar moito de menos. O Instituto perde a un moi bo profesor, os seus alumnos o lembrarán sempre e os seus compañeiros agardamos as súas visitas para continuar as tertulias ás que nos tiña afeccionados. 

   Alejo unha aperta de todos, de todo corazón, coa envexa de saber que agora o tes máis novo que o noso.

   Os teus alumnos e os teus compañeiros que che aprecian.

Nova Táboa Periódica da IUPAC

Día do Científico Galego 2012

Co gallo do segundo centenario do nacemento de Antonio Casares Rodríguez, a Real Academia Galega de Ciencias dedícalle a este químico galego o Día do Científico Galego no 2012.

Antonio Casares

Entre moléculas

A exposición "Entre moléculas. Ano Internacional da Química 2011. CSIC" ofrece unha visión amena, divulgativa e didáctica da Química. A mostra está dirixida a toda a poboación, con especial atención aos novos estudantes dos distintos ciclos educativos de secundaria. Está composta por 22 paneis que introducen ao visitante no papel central da Química e as súas achegas á humanidade.

Descargar aquí

Convocado o 4º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta 2011 (CQC11)

Veña, que tes moito conto. Ponte a escribir xa!
O 4º Concurso de relatos curtos sobre ciencia: Ciencia que Conta 2011 (CQC11)!!!
O prazo remata o 10 de novembro de 2011. Non o deixes pasar! Grandes premios!! E sobre todo, a satisfacción do traballo propio, do resultado das nosas cabeciñas, do noso maxín.

Elixe tema, fai o relato e envíao. Máximo 1000 palabras (uns 3 folios).

Agardamos o teu conto!!

Distribuir contido