Actividades Formación e Orientación Laboral

Actividades do departamento de Formación e Orientación Laboral

EXPECTATIVA E REALIDADE DA REFORMA LABORAL

O venres, 17 de marzo, estará no Politécnico  Javier de Cominges Cáceres, falaranos da Reforma Laboral e os seus efectos. Por descontado MOI

INTERESANTE.

 

ALUMNADO DE CICLOS PARTICIPA NO II "FORO TALENTO Y EMPLEO"

Durante os días 7, 8 y 9 de febreiro, o noso alumnado de FP básica, Ciclos de grao medio e superior participaron nos diferentes obradoiros e

charlas organizadas polo II "Foro Talento y Empleo" no Auditorio Mar de Vigo co fin de mellorar a súas habilidades na procura activa do emprego e no

emprendemento. 

Práctica de Extinción de Incendios Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais

O noso alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais aprenderon a extinguir os distintos tipos de lumes nunha formación en SEGANOSA.

Un proxecto do IES Politécnico de Vigo entre os máis innovadores do país

O proxecto no que participa o IES Politécnico de Vigo foi seleccionado na Convocatoria de Axudas Dualiza de CaixaBank Dualiza e a Asociación de Centros de Formación Profesional FPEmpresa como un dos trinta máis innovadores a nivel nacional.  O proxecto denomínase FPNaranja, e a profesora Mónica Rodríguez Nieto é participante nel de xeito colaborativo con  tres profesores máis de centros educativos de Castela A Mancha, Madrid, e Canarias. 
FPNaranja busca traballar a xestión emocional, dotando ao alumnado das ferramentas necesarias para afrontar os retos que terán no mundo académico e laboral.
Podedes seguirnos nas redes, somos @fpnaranja

Información Departamento FOL medidas Codvid-19

Para o alumnado:

Con respecto as actividades a desenvolver durante os días de suspensión das clases: 

1.- Os/as que usades a cotío a aula virtual, ésta seguirá sendo o medio preferente para enviarvos as tarefas a desenvolver. 

2.- No caso de non usar a aula virtual, o profesorado irá colgando  actividades a través da páxina web do IES. Estas actividades localizaranse  na parte dereita da pantalla,  no menú "Departamentos" entrando no departamento correspondente.

3.- Outro profesorado porase en contacto con vos  a través do correo electrónico ou otros medios.

Ánimo a tod@s 

 

Igualdade do Politécnico de Vigo Nas Xornadas Municipais de Coeducación

O equipo de igualdade do Politecnico de Vigo, representado pola responsable de igualdade Eva Piña e Carmen Adán, estivo nas xornadas municipais "Coeducacion  para  previr  a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en IGUALDADE"  organizadas pola Concellería de Igualdade os días 6 e 7 de novembro. Nelas Compartiron as boas prácticas no eido da igualdade  e da prevención de violencia de xénero que se desenvolven no noso centro.

"Enriquecedor encontro, compartir experiencias con outros centros moi comprometidos coa Igualdade!" (Eva Piña)

igualdade

Cuestionario Tutoría Amadeo

Cuestionario Tutoría 1º Ciclo Medio de Fabricación Mecánica.

POSIT

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE PROCURA DE EMPREGO 2º FP BÁSICA

O alumnado de 2º de FP Básica  participou activamente na configuración dun Currículo e no desenvolvimento de dinámicas de simulación dunha entrevista de traballo. Queremos dar as grazas a Anabel e Paula de IDAE CONSULTORES.

O IES Politécnico de Vigo Triunfa en Galicia Skills

 Parabens ao alumnado do IES Politécnico de Vigo participante nas probas SKILLs galegas, así como aos seus titores e os profesores/as expertos/as. Noraboa polos excelentes resultados,e especialmente aos alumnos gañadores:

- Mª Jesús Baña Castiñeira pola súa medalla de prata en Instalacións eléctricas e.

- David Ucha Pérez, medalla de ouro en mecanizado e que polo tanto representará a Galicia no campionato de España 2019

Skills

 

 

 

 

Excursión a Galicia Skills de 4º da ESO

O noso alumnado de 4º da ESO foron a Silleda á competición de Galicia Skills a darlle sorte ao noso alumnado de Mecanizado e Electricidade que estaban a competir.

Distribuir contido