Orientación
Xornadas Informativas FP Dual Galicia
Enviado por charo.cid o Mar, 30/06/2020 - 11:48O 23 e 25 de xuño celebráronse unhas xornadas informativas de FP Dual en Galicia. Déixovos ligazóns aos vídeos das xornadas, neles poderedes
atopar as respostas a todas as dúbidas que teñades sobre esta modalidade de Formación profesional.
Receitario de Igualdade
Enviado por charo.cid o Xov, 25/06/2020 - 13:54Receitario de Igualdade
Coa participación de Raquel Pereiro e Paula Sotelo, alumnas do CS de Robótica Industrial. Frear e eliminar a violencia sexual é cousa de todos e todas.
Creemos unha dieta de xustiza e igualdade!
EQUIPO DE IGUALDADE. IES POLITÉCNICO VIGO
Probas de acceso para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21
Enviado por sara.rivera o Mar, 16/06/2020 - 11:32
Aquí tedes a información que nos facilitan as Escolas Superiores de Arte de Galicia, facendo click nos logos podedes acceder a súa páxina web.
PROBAS DE ACCESO 2020/21
Inscrición: Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.
PROBAS PRESENCIAIS | Especialidade de Interpretación
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un procedemento coas MÁXIMAS GARANTÍAS de SEGURIDADE, PREVENCIÓN e HIXIENE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as medidas recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.
PROBAS TELEMÁTICAS | Especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Escenografía
As probas de acceso nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e de Escenografía vanse realizar de forma telemática, mediante o servizo de videoconferencia Cisco Webex Meetings, facilitado pola Xunta de Galicia.
Inscrición ás EESS de Deseño nas EASD´s de Galicia, tamén para as EESS de Deseño de Moda e de Deseño de Produto que se imparten na EASD Mestre Mateo.
Inscrición entre o 18 e o 29 de xuño, para todas as modalidades de acceso. A inscrición pódese realizar de forma telemática, para poder formalizala de forma telemática é necesario dispor da Chave365
PROBA MADUREZA: 6 de xullo, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. (para os solicitantes que non dispoñan de título de bacharelato ou equivalente)
PROBA ESPECÍFICA: Realizarase o 13 de xullo Como novidade, este curso, a proba específica non estará centralizada na Coruña. Para evitar desprazamentos, esta parte das probas levarase a cabo simultáneamente nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela, EASD Pablo Picasso A Coruña, EASD Antonio Faílde Ourense, EASD Ramón Falcón en Lugo.
Haberá que levar a inscrición e facer a proba naquela Escola que estea máis preto do domicilio do solicitante. A proba é unica para as 4 especialidades en Deseño que se imparten nas Escolas: Deseño de Moda, Deseño de Produto, Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.
Preguntas frecuentes: http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/preguntas-frecuentes-deseno
Obtención Chave365 no teléfono 012 ou no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
As solicitudes para participar nas ditas probas poderanse presentar desde o día 22 de xuño ao 3 de xullo, para ciclos de grao superior, e desde o día 22 de xuño ao 4 de setembro para ciclos de grao medio.
A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso ao ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de xullo, e as probas específicas de acceso terán lugar o 20 de xullo; para o acceso a ciclos de grao medio, a proba substitutiva do título de ESO terá lugar o día 9 de setembro, e as probas específicas o día 15 de setembro. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Guía da ABAU e do Acceso á Universidade 2020
Enviado por sara.rivera o Xov, 11/06/2020 - 17:09
Aquí tedes un enlace a unha guía moi sinxela e completa sobre a ABAU e o acceso a Universidade deste ano 2020.
Moito ánimo e o esforzo será recompensado.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Como Facer a Matrícula para a ABAU 2020
Enviado por sara.rivera o Lun, 08/06/2020 - 10:39No seguinte blogue, Mónica Diz, orientadora no IES a Sardiñeira, preparou un documento interactivo que vos explica perfectamente e de forma sinxela como facer a vosa matrícula na ABAU.
https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/06/como-hacer-la-matricula-en-la-abau.html
Recomendámos que lle votedes un ollo.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Ponderacións ABAU 2020-2021
Enviado por sara.rivera o Mér, 03/06/2020 - 11:59Publicados os parámetros de ponderación para as ABAU 2020 en Galicia.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Xornadas de Orientación Universitaria Virtual da UDC
Enviado por sara.rivera o Mér, 27/05/2020 - 10:37A Universidade da Coruña ofrécenos unhas xornadas virtuáis con videoconferencias explicativas sobre as diferentes titulacións que ofrecen. Pode ser moi interesante para o alumnado con dúbidas sobre que estudar ó rematar o bacharelato.
Dende o departamento de orientación animámosvos a navegar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/graos/
ABAU 2020
Enviado por sara.rivera o Ven, 22/05/2020 - 11:33ABAU 2020
No documento adxunto podedes atopar toda a información necesaria para a realización da ABAU 2020.
CONTACTO PARA CALQUERA DÚBIDA:
IES Politécnico de Vigo: ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es
Departamento de Orientación:
María Irma Álvarez Diéguez - orientacion.vigo@gmail.com
Sara Rivera Villanueva – sara.rivera@edu.xunta.es
CLASES SEN FUME
Enviado por sara.rivera o Xov, 14/05/2020 - 21:17
Con motivo da participación no Concurso Clases Sen Fume e Plan Proxecta deixamos constancia da primeira parte do Programa cos Slogans que fixeron o alumnado de 1º A e 1ºB nas sesións de titoría presencial e na materia de Educación Plástica e Visual.
1º ESO - A
1º ESO - B
Titulacións De Nova Implantación Para O Curso 2020-2021
Enviado por sara.rivera o Mar, 12/05/2020 - 19:08Como principais novidades, o Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará o vindeiro curso tres novos títulos de grao e os seus tres primeiros graos abertos.
Graos abertos
O curso 2020/2021 será o primeiro no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 10 prazas), o de Enxeñaría Industrial (Universidade da Coruña, Campus de Ferrol, 8 prazas) e o grao aberto 5USC Enxeñarías (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 10 prazas).
Novas titulacións
A oferta de prazas rexistrada no Ministerio inclúe, ademais, tres novos títulos de grao, seguindo o establecido no Mapa de Titulacións. Trátase dos graos en Empresa e Tecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas), en Bioquímica (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas) e en Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 50 prazas).
Así mesmo, súmanse á oferta do SUG catro novos programas de simultaneidade de grao, todos eles na Universidades de Vigo. Serán o de ADE e Enxeñaría Informática (Campus de Ourense), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (Campus de Vigo) e Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo).
Podedes ler a noticia completa en:
Ademáis, poderedes atopar toda a información relativa ás titulacións universitarias das Universidades Galegas nos seguintes enlaces:
Titulacións Oficiais de Grao na USC: https://www.usc.gal/gl/servizos/oiu/dipgr.html
Titulacións Oficiais de Grao na Uvigo: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/que-estudiar/estudios-grado
Titulacións Oficiais de Grao na UDC: https://estudos.udc.es/
Por outra banda, o decano da Facultade de Ciencias do Campus Universitario de Lugo, facilitounos a seguinte información que vos pode ser de utilidade:
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Información optatividade ESO e BACHARELATO
Enviado por charo.cid o Xov, 07/05/2020 - 12:47Que pode facer vostede para axudar durante a pandemia?
Enviado por charo.cid o Mér, 29/04/2020 - 14:44Este artigo vai dirigido á poboación adulta, tanto profesorado, alumnado e familias da nosa comunidade educativa.
Dende o departamento de orientación queremos convidar a reflexionar sobre cuestións que favorezan a convivencia, de entre as que destacamos as condutas prosociais e de axuda no centro educativo e nos demais ámbitos da vida.
Elixin este artigo de Antonio Blanco Prieto, profesor da Universidade de Oviedo, coa intención de ofrecer pautas de axuda que poidamos exercer todos e todas, sen necesidade de estar na “ primeira liña” como ocorre co persoal sanitario.
Antonio Blanco cita neste artigo o psicólogo Howard Gardner, que afirmaba
“que podemos achegar poderosos modelos que conviden a outros seres humanos a actuar dunha maneira cada vez máis responsable”. Unha cuestión presente, se consideramos o liderado social, sen necesidade de tirar grandes foguetes, simplemente comprendendo o impacto do comportamento no noso pequeno mundo.
Cita tamén o artigo a Javier Gomá , filósofo que recuperou o concepto de exemplaridade, quen explica que vivimos, nos movemos e existimos entre exemplos, sendo, tamén, nós exemplos para os demáis.
Todos somos responsables
Aquí, afirma Antonio Blanco, “atópase a responsabilidade de calquera persoa ante a crise, tanto dos que están na primeira liña, como daqueles que senten baleiro pola ausencia de actividade prosocial. Uns e outros deben ser conscientes do valor das súas condutas, do seu exemplo.
O simple cumprimento das recomendacións da saúde pública supón un primeiro exercicio de exemplaridade.
Esta responsabilidade obríganos a un claro imperativo categórico: “obra de tal maneira que os efectos da túa acción sexan compatibles coa permanencia dunha vida humana auténtica sobre a Terra”.
Convídovos a ler este artigo e descubrir tódalas condutas e comportamentos que merecen os nosos aplausos e que facemos tódolos días na nosa cotiandade.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
¿Qué puede hacer usted para ayudar durante la pandemia?
https://theconversation.com/que-puede-hacer-usted-para-ayudar-durante-la-pand
Cómo Escoller Bacharelato?
Enviado por charo.cid o Lun, 25/11/2019 - 14:21Aquí deixámosvos un vídeo que pode axudarvos a decidir.
Parámetros de ponderación da ABAU 2019 - 2020 en Galicia
Enviado por charo.cid o Xov, 27/12/2018 - 22:45A CIUG publica os parámetros de ponderación correspondentes á parte específica da ABAU de 2019 que se terán en conta para o acceso á universidade no próximo curso 2019/2020.
Ligazón para imprimir os parámetros 2019/2020
Ponder Ac 19 by on Scribd
COMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Enviado por charo.cid o Xov, 24/11/2016 - 10:32Eduemprende Idea 2016 Nova convocatoria
Enviado por charo.cid o Lun, 02/05/2016 - 09:38Nova convocatoria Eduemprende Idea 2016. Para a presentación de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
CURSOS DE FORMACIÓN PARA TÉCNICOS E DIRECTIVOS DE CLUBS DEPORTIVOS
Enviado por charo.cid o Mér, 15/04/2015 - 11:00Convocanse cursos de formación para técnicos e directivos de clubs deportivos da provincia de PONTEVEDRA ,GRATUITOS e selección por orde de inscripción. ATA O 18 DE ABRIL INCLUIDO.
Mais información no seguinte ligazón
