Debuxo

Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Politécnico coparon o palmarés do festival Cinedfest

Tres curtos realizados por alumnos conseguen os tres premios da categoría de Bacharelato no festival audiovisual Cinedfest

 

 

II CONCUSO FOTOGRÁFICO "NINGUNHA MÁIS"

Para enlazar có concurso prema aquí

Temos canteira! Gañadores do Cinedfest 2016.

Alumnado do noso centro de 1º de Artes, dirixidos pola profesora de Audiovisual Dna. Ana Ojea, resultou gañador do 1º PREMIO no festival canario Cinedfest 2016 pola curtametraxe "Ishihara" e mais co PREMIO DO PÚBLICO pola curta "Cargo de Conciencia".

 

Tamén aproveitamos para parabenizar aos compañeiros do IES As Barxas de Moaña por teren acadado o 2º premio.

Entrega dos premios 1º Concurso Fotográfico "Ningunha máis"

O pasado 25 de Novembro fíxose entrega dos diplomas de participación ao alumnado participante no Concurso fotográfico "Ningunha máis" convocado polo IES Politécnico de Vigo. 

Queremos parabenizar a todas e todos os autores das obras presentadas e en particular a:

- Noelia Fernández González, Mención de honra pola obra "Son quen, son forte, son invencible, son muller"

Paula Pereira GonzálezGañadora do primeiro premio pola obra "Coas mans atadas".

 

I Concurso fotográfico "Ningunha máis" do IES Politécnico de Vigo

O IES Politécnico de Vigo, en colaboración coa Responsábel de Audiovisuais, convoca o I Concurso Fotográfico "Ningunha máis" co obxectivo de fomentar valores que eliminen a discriminación que permite a existencia da violencia contra as mulleres.

Accede ás bases para coñecer as condicións de participación. A data de entrega das obras remata o 16 de novembro do 2015.

 

 

I FESTIVAL CURTAS 2015

Despois da Esmorga é o maior éxito do cine galego. Parabéns aos nosos premiados no festival CINEDFEST

Ver noticia no Faro de Vigo - 5 de xuño 2015

Distribuir contido