Orientación Educativa
Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo
Enviado por m.irmaalvarez o Mér, 18/11/2020 - 13:43PROGRAMA DE CONVIVENCIA: ALUMNADO AXUDANTE
Enviado por m.irmaalvarez o Xov, 05/11/2020 - 11:25O Programa de Convivencia "Alumnado axudante" consite en favorecer a convivencia e a resolución pacífica dos pequenos conflitos no alumnado dos primeiros cursos de ESO.
Receitario de Igualdade
Enviado por charo.cid o Xov, 25/06/2020 - 12:54Receitario de Igualdade
Coa participación de Raquel Pereiro e Paula Sotelo, alumnas do CS de Robótica Industrial. Frear e eliminar a violencia sexual é cousa de todos e todas.
Creemos unha dieta de xustiza e igualdade!
EQUIPO DE IGUALDADE. IES POLITÉCNICO VIGO
Probas de acceso para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21
Enviado por sara.rivera o Mar, 16/06/2020 - 10:32
Aquí tedes a información que nos facilitan as Escolas Superiores de Arte de Galicia, facendo click nos logos podedes acceder a súa páxina web.
PROBAS DE ACCESO 2020/21
Inscrición: Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.
PROBAS PRESENCIAIS | Especialidade de Interpretación
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un procedemento coas MÁXIMAS GARANTÍAS de SEGURIDADE, PREVENCIÓN e HIXIENE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as medidas recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.
PROBAS TELEMÁTICAS | Especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Escenografía
As probas de acceso nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e de Escenografía vanse realizar de forma telemática, mediante o servizo de videoconferencia Cisco Webex Meetings, facilitado pola Xunta de Galicia.
Inscrición ás EESS de Deseño nas EASD´s de Galicia, tamén para as EESS de Deseño de Moda e de Deseño de Produto que se imparten na EASD Mestre Mateo.
Inscrición entre o 18 e o 29 de xuño, para todas as modalidades de acceso. A inscrición pódese realizar de forma telemática, para poder formalizala de forma telemática é necesario dispor da Chave365
PROBA MADUREZA: 6 de xullo, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. (para os solicitantes que non dispoñan de título de bacharelato ou equivalente)
PROBA ESPECÍFICA: Realizarase o 13 de xullo Como novidade, este curso, a proba específica non estará centralizada na Coruña. Para evitar desprazamentos, esta parte das probas levarase a cabo simultáneamente nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela, EASD Pablo Picasso A Coruña, EASD Antonio Faílde Ourense, EASD Ramón Falcón en Lugo.
Haberá que levar a inscrición e facer a proba naquela Escola que estea máis preto do domicilio do solicitante. A proba é unica para as 4 especialidades en Deseño que se imparten nas Escolas: Deseño de Moda, Deseño de Produto, Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.
Preguntas frecuentes: http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/preguntas-frecuentes-deseno
Obtención Chave365 no teléfono 012 ou no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
As solicitudes para participar nas ditas probas poderanse presentar desde o día 22 de xuño ao 3 de xullo, para ciclos de grao superior, e desde o día 22 de xuño ao 4 de setembro para ciclos de grao medio.
A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso ao ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de xullo, e as probas específicas de acceso terán lugar o 20 de xullo; para o acceso a ciclos de grao medio, a proba substitutiva do título de ESO terá lugar o día 9 de setembro, e as probas específicas o día 15 de setembro. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Guía da ABAU e do Acceso á Universidade 2020
Enviado por sara.rivera o Xov, 11/06/2020 - 16:09
Aquí tedes un enlace a unha guía moi sinxela e completa sobre a ABAU e o acceso a Universidade deste ano 2020.
Moito ánimo e o esforzo será recompensado.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Como Facer a Matrícula para a ABAU 2020
Enviado por sara.rivera o Lun, 08/06/2020 - 09:39No seguinte blogue, Mónica Diz, orientadora no IES a Sardiñeira, preparou un documento interactivo que vos explica perfectamente e de forma sinxela como facer a vosa matrícula na ABAU.
https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/06/como-hacer-la-matricula-en-la-abau.html
Recomendámos que lle votedes un ollo.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Ponderacións ABAU 2020-2021
Enviado por sara.rivera o Mér, 03/06/2020 - 10:59Publicados os parámetros de ponderación para as ABAU 2020 en Galicia.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Xornadas de Orientación Universitaria Virtual da UDC
Enviado por sara.rivera o Mér, 27/05/2020 - 09:37A Universidade da Coruña ofrécenos unhas xornadas virtuáis con videoconferencias explicativas sobre as diferentes titulacións que ofrecen. Pode ser moi interesante para o alumnado con dúbidas sobre que estudar ó rematar o bacharelato.
Dende o departamento de orientación animámosvos a navegar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/graos/
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SEGUE ORIENTANDO TELEMÁTICAMENTE
Enviado por charo.cid o Lun, 25/05/2020 - 13:18O Departamento de Orientación segue neste tempo de toma de decisións coa asistencia telemática, orientarvos sobre o voso futuro académico e profesional é noso obxectivo. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .
- INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO
Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com
Sara Rivera: sara.rivera@edu.xunta.es
- INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP
Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com
Déixovos a presentación da charla de qué facer despois do bacharelato, podevos servir de axuda nas vosas decisións.
LIGAZÓNS
ABAU 2020
Enviado por sara.rivera o Ven, 22/05/2020 - 10:33ABAU 2020
No documento adxunto podedes atopar toda a información necesaria para a realización da ABAU 2020.
CONTACTO PARA CALQUERA DÚBIDA:
IES Politécnico de Vigo: ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es
Departamento de Orientación:
María Irma Álvarez Diéguez - orientacion.vigo@gmail.com
Sara Rivera Villanueva – sara.rivera@edu.xunta.es
CLASES SEN FUME
Enviado por sara.rivera o Xov, 14/05/2020 - 20:17
Con motivo da participación no Concurso Clases Sen Fume e Plan Proxecta deixamos constancia da primeira parte do Programa cos Slogans que fixeron o alumnado de 1º A e 1ºB nas sesións de titoría presencial e na materia de Educación Plástica e Visual.
1º ESO - A
1º ESO - B
Titulacións De Nova Implantación Para O Curso 2020-2021
Enviado por sara.rivera o Mar, 12/05/2020 - 18:08Como principais novidades, o Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará o vindeiro curso tres novos títulos de grao e os seus tres primeiros graos abertos.
Graos abertos
O curso 2020/2021 será o primeiro no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 10 prazas), o de Enxeñaría Industrial (Universidade da Coruña, Campus de Ferrol, 8 prazas) e o grao aberto 5USC Enxeñarías (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 10 prazas).
Novas titulacións
A oferta de prazas rexistrada no Ministerio inclúe, ademais, tres novos títulos de grao, seguindo o establecido no Mapa de Titulacións. Trátase dos graos en Empresa e Tecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas), en Bioquímica (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas) e en Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 50 prazas).
Así mesmo, súmanse á oferta do SUG catro novos programas de simultaneidade de grao, todos eles na Universidades de Vigo. Serán o de ADE e Enxeñaría Informática (Campus de Ourense), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (Campus de Vigo) e Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo).
Podedes ler a noticia completa en:
Ademáis, poderedes atopar toda a información relativa ás titulacións universitarias das Universidades Galegas nos seguintes enlaces:
Titulacións Oficiais de Grao na USC: https://www.usc.gal/gl/servizos/oiu/dipgr.html
Titulacións Oficiais de Grao na Uvigo: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/que-estudiar/estudios-grado
Titulacións Oficiais de Grao na UDC: https://estudos.udc.es/
Por outra banda, o decano da Facultade de Ciencias do Campus Universitario de Lugo, facilitounos a seguinte información que vos pode ser de utilidade:
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Información optatividade ESO e BACHARELATO
Enviado por charo.cid o Xov, 07/05/2020 - 11:473 De Decembro Día Internacional Da Diversidade Funcional
Enviado por charo.cid o Lun, 09/12/2019 - 13:32O día 3 de decembro Día Internaciónal da Diversidade Funcional no Politecnico de Vigo celebrámolo con instalacións de TEGP baixo a dirección do profesor Lois Corvera e Exposición de Deseño realizadas polo alumnado de 2º Bacharelato Artes baixo a dirección da profesora Gema Jiménez .
Día Internacional da Violencia de Xénero No IES Politécnico
Enviado por charo.cid o Xov, 28/11/2019 - 13:35O alumnado de 1º curso do Ciclo Básico de Electricidade e Electrónica, dinamizados pola súa profesora Carme Adán e Equipo Igualdade instalaron a exposición “ O machismo mata” con 51 globos negros en homenaxe as 51 mulleres asasinadas no que vai de ano 2019.No momento da publicación 52.
Visita Facultades 2º Bacharelato de Artes
Enviado por charo.cid o Xov, 28/11/2019 - 10:32O martes 26 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes visitou as Facultades de Belas Artes e de Ciencias Sociais e da Comunicación, así como a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais para coñecer de cerca as titulacións de Grao e Master que ofrecen. Unha interesante visita que favorecerá a toma de decisións sobre o seu futuro académico e profesional entre outras propostas e accións que se desenvolverán ao longo do curso.
Cómo Escoller Bacharelato?
Enviado por charo.cid o Lun, 25/11/2019 - 13:21Aquí deixámosvos un vídeo que pode axudarvos a decidir.
Día 25 de Novembro. Día Internacional Contra a Violencia Machista.
Enviado por charo.cid o Mar, 19/11/2019 - 17:14O Equipo de Igualdade do Politécnico de Vigo, un ano máis, elaborou un amplo programa de actividades para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de xénero.
Igualdade do Politécnico de Vigo Nas Xornadas Municipais de Coeducación
Enviado por charo.cid o Ven, 08/11/2019 - 12:55O equipo de igualdade do Politecnico de Vigo, representado pola responsable de igualdade Eva Piña e Carmen Adán, estivo nas xornadas municipais "Coeducacion para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en IGUALDADE" organizadas pola Concellería de Igualdade os días 6 e 7 de novembro. Nelas Compartiron as boas prácticas no eido da igualdade e da prevención de violencia de xénero que se desenvolven no noso centro.
"Enriquecedor encontro, compartir experiencias con outros centros moi comprometidos coa Igualdade!" (Eva Piña)
Mobilidade ERASMUS+ a Pont du Château en Francia.
Enviado por charo.cid o Xov, 26/09/2019 - 08:46A compañeira Eva Piña, profesora de Formarción e Orientación laboral, e a Orientadora do instituto, María Irma Álvarez, veñen de facer unha mobilidade ERASMUS+ ao Lycée de Pont du Château en Francia, dentro do Proxecto KA103 que xestionamos dende o noso centro.
Intercambio de experiencias educativas, con especial atención á diversidade funcional no tratamento a persoas con discapacidade, así como á convivencia/ promoción da igualdade, orientación académica, profesional e laboral.
