Actividades Lingua Galega

Actividades do departamento de Lingua Galega

Expo Mulleres Valentes - 8 de marzo 2024 no IES Politécnico

Para este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, parte do alumnado do IES Politécnico participou nunha exposición fotográfica titulada "Mulleres Valentes". Neste fermoso traballo, que estará localizado na Entrada do noso IES durante estas semanas, poderemos ver as fotografías das mulleres máis importantes das súas vidas; acompañadas por cadanseu texto explicativo.

Rosalía na Candeira (23/2/24)

Na xornada de hoxe, 23/2/24 Día de Rosalía de Castro, alumnado do IES Poliécnico recitou algúns dos seus versos na nosa radio, en Onda Candeira. Neste novo programa titulado "Rosalía na Candeira"o alumnado do Agrupamento de Lingua Galega de 1º ESO A+B conmemora este día cun fermoso traballo

Chega "Á luz da Candeira", a web das tradicións orais do IES Politécnico

Xa se pode consultar "Á luz da Candeira", o excelente traballo de recollida de tradicións orais e fotografías do patrimonio realizado polo alumnado do IES Politécnico de Vigo, no que atoparedes pezas marabillosas como lendas, cantigas, refráns ou adiviñas pertencentes á tradición oral, tanto galega coma doutros lugares do mundo aos que pertence o diferente alumnado participante no proxect

Chega Viva o Entroido! (2ª parte)

Novo Logo para Onda Candeira

Día da Ilustración 2024 no IES Politécnico

 

Gravación da "Oliveira derramada" (26/1/24)

Viva o Entroido! Un novo programa en Onda Candeira

 

 

Comezan as emisións de Onda Candeira!!


Chega "Samaín Encantado (2ª parte)", outro programa de Onda Candeira

Xa está no ar "Samaín Encantado (2ª parte)", o novo programa de Onda Candeira. Desta volta, o alumnado de 1º ESO A conduce e dirixe un programa ben cargadiño de contos misteriosos realizados por eles e elas mesmas nas aulas de Lingua galega, moitos deles situados na noite de Samaín.

Visita á Exposición Vigo No Tempo (2º BACH A)

 Exposición Vigo No Tempo (Sala "Pedras sobre o mar")

 

O IES Politécnico no Dígocho Eu!!

O IES Politécnico vén de clasificarse como finalista no concurso do Dígocho Eu!, polo que participará nunha gravación para o programa de moda, presentado pola xornalista Esther Estévez. O devandito programa será gravado no mes de febreiro e nel participará o alumnado do Equipo de Dinaminación Lingüística do centro. Neste caso, o programa versará sobre algunhas das características do galego falado en Vigo. Ademais, tras a gravación, o vídeo resultante participará nos Premios Dígocho Eu!

Xa está no aire "O noso Lagares"

Este pasado martes rematou a gravación de O Noso Lagares, o novo programa de Onda Candeira, realizado polo alumnado de 1º ESO A para a súa materia de Proxecto Competencial, que este curso xira ao redor do coñecemento e posta en valor do

Charla do escritor Francisco Castro (1º ESO A)

 

Na xornada de hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor, editor e músico vigués Francisco Castro, que se achegou ata o noso centro para falar do seu libro "Chamádeme Simbad"; lectura que está levando a cabo o alumnado de 1º ESO A. 

IV Certame Provincial Escolar de Regueifas

 

Chega "25 de novembro, nada que celebrar"; o novo programa de Onda Candeira

Xa está no aire o novo programa de Onda Candeira, "25 de novembro, nada que celebrar", un episodio especial para esta xornada internacional contra a violencia machista, realizado por boa parte da comunidade educativa do IES Politécnico de Vigo.

Chega "Samaín Encantado"; o novo programa de Onda Candeira

Nas pasadas semanas realizouse a gravación dun novo programa de Onda Candeira; desta volta, o alumnado do Agrupamento de Lingua Galega de 1º ESO A+B preséntanos "Samaín Encantado", un programa que mete moitoooo medo, e no que poderedes descubrir historias ben curiosas, algunhas delas situadas na noite de defuntos e os seus misterios... Non perdades este programa!!

Distribuir contido