Actividades Lingua Galega

Actividades do departamento de Lingua Galega

CLUB DE MANGA

 

Este curso temos a ledicia de anunciar o nacemento do CLUB DE MANGA no noso centro. Organizado por varias alumnas, alumnos e alumnes de primeiro curso de Bacharelato, o club conta con máis de trinta membros cun interese común por distintos aspectos da cultura nipoa. Xa se están a preparar as primeiras actividades, estade atent@s!

 

Se es afeccionada/o ao anime, manga, cosplay, j-pop, ou o sushi agaradámoste nas reunións do paraninfo todos os martes e xoves durante os recreos.

 

uwu

 

 

Actividades Reforzo e pendentes de 1º ESO de Lingua galega e literatura

Boas a todas e todos:

Cada semana teredes instrucións das tarefas que imos propoñer mentras non teñamos clases presenciais.

A semana do día 24 de marzo deberedes repasar a conxugación dos verbos regulares que podedes ver no apéndice de calquera dos vosos libros. Logo escollede o texto inicial da primeira unidade e clasificade os verbos das 25 primeiras liñas (número, persoa, modo, tempo).

Se tendes calquera dúbida podedes escribirme unha mensaxe ao correo electrónico: vtaboada@edu.xunta.gal

Ánimo para todas e todos.

Actividades para as materias: Ámbito Lingüístico e Social (2º PMAR/ 3º ESO), Lingua Galega e Literatura (3º ESO), Lingua Galega e Literatura (1º Bacharelato A) e Literatura Universal (1º Bacharelato A e C)

Para facilitar a xestión do traballo e a comunicación co alumnado estas materias serán seguidas a través dos respectivos cursos na Aula virtual do instituto, á cal podedes acceder no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/

Os cursos están situados dentro dos seus correspondentes niveis nos enderezos que se indican a seguir.

 

Ámbito Lingüístico e Social (2º PMAR/3º da ESO)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/course/view.php?id=397

 

Lingua Galega e Literatura (3º ESO B)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/course/view.php?id=395

 

Lingua Galega e Literatura (1º Bacharelato A)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/course/view.php?id=373

 

Literatura Universal (Grupo mixto 1º Bacharelato A + C)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/course/view.php?id=396

 

Marcaremos novas tarefas no comezo de cada semana e o prazo de entrega será dunha semana a partir de estes aparecer na páxina do curso.

Para calquera cuestión podedes contactarme en: irene.romero.iturralde@edu.xunta.gal

Unha aperta e moito ánimo a todas e todos. Non perdades o ritmo de traballo e aproveitade para ler, estar en familia e facer cousas que vos presten. Seguro que desta experiencia saímos enriquecid@s.

Día Europeo das Linguas

O pasado xoves 26 de setembro celebramos o Día Europeo das Linguas coa idea de transmitir ao alumnado o valor de vivirmos nunha sociedade plurilingüe e visivilizar a realidade das diversas linguas de Europa. Aínda podedes ver algúns dos materiais que empregamos polos corredores do instituto.

 

Correlingua 2019

 Alumn@s do IES Politécnico simpatizando coa química do galego no parque de Castrelos

 

WEBQUEST: O CICLO DE NADAL

 

INTRODUCIÓN

II Concurso Fotográfico NINGUNHA MÁIS

Descarga as bases do concurso aquí

Asistencia do alumnado de 1º Bacharelato ás Bibliotecas Viventes

Asistencia do alumnado de 1º Bacharelato ás Bibliotecas Viventes, organizadas polo Concello de Vigo, Normalización Lingüística no Verbum, en Vigo. 16/4/2015

Tod@s somos Rosalía

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, data do nacemento desta grande escritora que deu comezo a unha nova etapa, importante, dentro da Literatura Galega: o Rexurdimento.

Aínda hoxe Rosalía segue sendo a musa de moitas persoas, un dos piares das nosas letras, unha muller exemplar que soubo transmitir con delicadeza e sabedoría a realidade da Galiza. 

Partindo da proposta realizada pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), conmemoramos este día, que levaba por lema “Tod@s somos Rosalía”, con dúas sesións de lectura dos seus textos literarios, tanto en prosa como en verso, e os participantes foron agasallados cunha flor que levaba nos seus pétalos, feitos en papel, versos da propia autora. 

Conferencia: A poesía dos noventa" Olga Novo - 14 de maio 2014 - hora 16:50-17:40 - Paraninfo

Temos a honra de contar no noso centro con Olga Novo, unha das voces máis auténticas da escritura en Lingua Galega, por iso, propuxémoslle que dese unha conferencia sobre a "Poesía dos noventa", dirixida fundamentalmente ao alumnado de 2º de Bacharelato, porque, entre outras razóns, é un dos temas que lles "cae" na proba de selectividade, pero está aberto a todas as persoas que queiran asistir.

25 de abril

Fragmento da presentación realizada polo alumnado da asignatura "Portugués" coa dirección do profesor do centro Xan Garrido.

SELECTIVIDADE LINGUA GALEGA

 EXAMES SELECTIVIDADE 2010

 EXAMES SELECTIVIDADE 2011

REGULACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

Distribuir contido