FP Básica
Enviado por teresa o Xov, 18/12/2014 - 21:08
No curso 2014/2015 o IES Politécnico de Vigo comezou a impartir o seguinte Ciclo Formativo de Formación Profesional Básica:

|
|
Ciclo Formativo de formación profesional básica en Electricidade e Electrónica
|
Currículo DOG
|
Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión.
- Axudante/a de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites.
- Axudante/a de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos.
- Axudante/a de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación.
- Axudante/a de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas.
- Peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica.
- Axudante/a de montador/ora de sistemas microinformáticos.
- Operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos.
- Auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos.
- Probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos.
- Montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso.
|
MÓDULOS PROFESIONAIS
1º Curso:
- MP3009. Ciencias aplicadas I. (175h)
- MP3011. Comunicación e sociedade I (206h)
- MP3013. Instalacións eléctricas e domóticas. (296h)
- MP3015. Equipamentos eléctricos e electrónicos. (233h)
2º Curso
- MMP3012. Comunicación e sociedade II. (135h)
- MP3014. Instalacións de telecomunicacións. (205h)
- MP3016. Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos. (206h)
- MP3019. Ciencias aplicadas II. (162h)
- MP3018. Formación en centros de traballo. (320h)
|
|