VISITA A EMPRESAS DA CONSTRUCIÓN CO ALUMNADO DO CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN

O pasado xoves 9 de maio organizamos  no contrato-programa Innova e coa colaboración do Departamento de Edificación e Obra Civil unha saída para que o alumnado tivese a ocasión de coñecer de primeira man diferentes materiais e solucións construtivas que ofrecen tres empresas da nosa contorna: Forjados Hermanos Durán, Granichan e Casa Bio, as cales lle agradecemos a magnífica acollida que nos fixeron.