Xunta de delegados

A Xunta de Delegados

DELEGADOS/AS

Cada grupo de alumnos elixe, por sufraxio directo, secreto e non delegable durante o primeiro mes do curso escolar, un delegado de grupo, que forma parte da xunta de delegados. Elixe tamén un subdelegado, que susbstituirá ao delegado en caso de ausencia ou enfermidade e apoiarao nas súas funcións.

Os delegados teñen as seguintes funcións:
a) Asistir ás reunións da xunta de delegados e participar nas súas deliberacións.
b) Expoñer ao equipo directivo as suxestións e reclamacións do grupo ao que representan.
c) Fomentar a convivencia entre os alumnos e alumnas do seu grupo.
d) Colaborar cos profesores e profesoras e co equipo directivo do Instituto para o seu bo funcionamento.
e) Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do Instituto.
f) Convocar e informar ás alumnos do grupo dos asuntos tratados noutras reunións.
g) Colaborar para o bo funcionamento do grupo, segundo os principios educativos aprobados no PEC e as pautas de comportamento do RRI.
h) No caso de falta dun profesor/a comunicarllo ao profesor/a de garda.

No centro existe unha xunta de delegados integrada polos representantes dos alumnos e alumnas dos distintos grupos e polos representantes dos alumnos no Consello Escolar. A xunta de delegados poderá reunirse cando a natureza dos problemas o faga máis conveniente, logo do coñecemento do equipo directivo e sen que isto implique alteración no normal desenvolvemento das actividades docentes.
Na primeira sesión realizase a elección dun representante-presidente da xunta de delegados.

A xunta de delegados ten as seguintes funcións:

a) Elevar ao equipo directivo propostas sobre a elaboración do Proxecto Educativo do Instituto.
b) Informar aos representantes dos alumnos e alumnas no Consello Escolar dos problemas de cada grupo ou curso.
c) Recibir información dos representantes dos alumnos e alumnas no Consello Escolar sobre os temas tratados nel, e das confederacións, federacións de estudiantes e organizacións xuvenís legalmente constituidas.
d) Elaborar informes para o Consello Escolar por iniciativa propia ou por petición deste.
e) Elaborar propostas de modificación do regulamento de réxime interior, dentro do ámbito da súa competencia.
f) Informar aos alumnos e alumnas do Centro das actividades da xunta de delegados sen perxudicar a actividade educativa.
g) Formular propostas ao xefe ou xefa de estudios para a elaboración dos horarios e ao vicedirector ou vicedirectora, ou a ANPA, para a organización das actividades complementarias e extraescolares.
h) Debater os asuntos que vaia tratar o Consello Escolar no ámbito da súa competencia e elevar propostas de resolución os seus representantes nel.

Distribuir contido