Inicio

Aplicación de xestión das solicitudes de acceso ás ensinanzas artísticas superiores e aos ciclos formativos de grao superior en Artes Plásticas e Deseño.
Acceso a través de certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365, premendo na icona de acendido (de cor verde, forma circular e cunha liña vertical na parte superior)

 

Para as ensinanzas artísticas superiores

A tramitación e a publicación de listaxes xeradas en relación co procedemento de acceso a ensinanzas artísticas superiores farase a través desta aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/eas/).

As solicitudes cubriranse, con carácter xeral, de xeito telemático a través do formulario dispoñible dentro desta aplicación (https://www.edu.xunta.gal/eas), previa autenticación, que permitirá a achega electrónica da documentación requirida. Só as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade Estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros. 

Recórdese que a xeración e finalización da solicitude na aplicación non producirá efectos administrativos mentres non se proceda á súa formalización no correspondente centro de inscrición, segundo o indicado na resolución da convocatoria.

 

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 28 de abril de 2026 ata as datas especificadas a continuación para cada caso:

  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática o prazo rematará o 16 de xuño de 2026, incluído.

  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais o prazo rematará o 5 de xuño de 2026, incluido.

  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño o prazo rematará o 5 de xuño de 2026, incluído.

  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Música o prazo rematará o 21 de maio de 2026, incluído. Non obstante, para as persoas ás que resulte de aplicación o disposto no número 2.6 da resolución (menores de idade a partir de 16 anos que manifesten precocidade), o prazo de inscrición rematará o 15 de maio de 2026, incluído.

  • No Máster en Ensinanzas Artísticas en Creación, Interpretación e Investigación Musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo o prazo comezará o día 12 de xuño e rematará o día 19 de xuño, ámbolos dous incluídos. 

Para máis información consúltense o portal educativo e os documentos seguintes: 

Só para persoas non españolas sen DNI ou NIE, formularios de solicitude:

 

Consulta de listaxes (poderá acceder premendo sobre o texto en canto estean publicadas) :

 

ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE MÚSICA: 
ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN: 
ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE DESEÑO: 
ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA: 
Para as ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

A tramitación para ciclos formativos de grao superior e a publicación de listaxes xeradas en relación con este procedemento farase a través desta aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/eas/).

As solicitudes de acceso a ciclos formativos de grao superior cubriranse, con carácter xeral, de xeito telemático a través do formulario dispoñible dentro desta aplicación (https://www.edu.xunta.gal/eas), previa autenticación, que permitirá a achega electrónica da documentación requirida. Só as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade Estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros.

A tramitación para ciclos formativos de grao medio farase a través das páxinas web dos diferentes centros educativos que facilitarán o acceso á aplicación para realizar solicitudes.

Recórdese que a xeración e finalización da solicitude na aplicación non producirá efectos administrativos mentres non se proceda á súa formalización no correspondente centro de inscrición, segundo o indicado na resolución da convocatoria.

 

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 8 de maio de 2026 ata o día 12 de xuño de 2026, incluído.

Para máis información consúltense estes documentos, albergados tamén no portal educativo

Só para persoas non españolas sen DNI ou NIE, formularios de solicitude:

 

Consulta de listaxes (poderá acceder premendo sobre o texto en canto estean publicadas) :

 

ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO - CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR:
ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO - CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO: