Temos canteira! Gañadores do Cinedfest 2016.
Enviado por Anónimo o Lun, 30/05/2016 - 18:04
Alumnado do noso centro de 1º de Artes, dirixidos pola profesora de Audiovisual Dna. Ana Ojea, resultou gañador do 1º PREMIO no festival canario Cinedfest 2016 pola curtametraxe "Ishihara" e mais co PREMIO DO PÚBLICO pola curta "Cargo de Conciencia".
Tamén aproveitamos para parabenizar aos compañeiros do IES As Barxas de Moaña por teren acadado o 2º premio.
Parabéns ao alumnado e á profesora implicada!!