Un proxecto do IES Politécnico de Vigo entre os máis innovadores do país
Enviado por admin o Mér, 06/04/2022 - 18:03
O proxecto no que participa o IES Politécnico de Vigo foi seleccionado na Convocatoria de Axudas Dualiza de CaixaBank Dualiza e a Asociación de Centros de Formación Profesional FPEmpresa como un dos trinta máis innovadores a nivel nacional. O proxecto denomínase FPNaranja, e a profesora Mónica Rodríguez Nieto é participante nel de xeito colaborativo con tres profesores máis de centros educativos de Castela A Mancha, Madrid, e Canarias.
FPNaranja busca traballar a xestión emocional, dotando ao alumnado das ferramentas necesarias para afrontar os retos que terán no mundo académico e laboral.
Podedes seguirnos nas redes, somos @fpnaranja