ENFAMEC 2011
Enviado por Anónimo o Ven, 10/06/2011 - 10:10Durante os días 10 e 11 de xuño celebrase no IES POLITÉCNICO DE VIGO as Xornadas de FABRICACIÓN MECÁNICA DE 2011 - ENFAMEC 2011
Vídeo da Inauguración do XI Encontro de Fabricación Mecánica polo Sr. Director Xeral de FP D. José Luis Mira Lema
Vídeo da Clausura do XI Encontro de Fabricación Mecánica polo Sr. Conselleiro de Eduación e Ordenación Universitaria D. Jesús Vázquez Abad
Proyecto Comenius Regio - 2ª Reunión 06-10/06/2011 en Vigo
Enviado por admin o Mér, 08/06/2011 - 12:34
O Instituto Politécnico de Vigo está inmerso en varias actividades europeas, entre elas, e coa colaboración do concello, estase desenvolvendo un Proxecto "Comenius Rexio". O Concello de Vigo e o goberno do Landkreis Osnabrück constitúen os socios principais deste proxecto, que ten como obxectivo preparar a realización de futuros intercambios de alumnado coa cidade alemá de Osnabrück.
Entre os días 6 e 10 de xuño unha delegación da rexión alemá visitan Vigo. Este martes 7 a concelleira en funcións de Educación, Laura López Atrio, ten a recepción oficial dos principais socios do proxecto, entre os que asisten representantes do goberno do Landkreis Osnabrück, da universidade e de institutos de devandita rexión. Por parte viguesa tamén asisten representantes do IES Politécnico, da Asociación de Pais e do Club Deportivo Galego de Kinball.
Esta visita responde á realizada a Osnabrück no mes de xaneiro pola representación de Vigo. Estes días a delegación alemá tamén realizará visitas a empresas da contorna e ao campus universitario.
Nestes encontros de traballo establécense os acordos para permitir o intercambio de alumnado entre ambas cidades. Unha vez finalizado este proxecto calquera centro de Vigo poderá realizar intercambios organizados con centros de Osnabrück.
No entanto o Politécnico xa está realizando actividades con esta cidade alemá, enviando aos seus alumnos de ciclos formativos a realizar as prácticas en empresas e ao seu alumnado de bacharelato a realizar intercambios co alumnado alemán. De feito, o próximo día 24 partirán para Hamburgo un grupo de alumnos de bacharelato.
Alumno do IES Politécnico subcampión de España en CNC Fresado nas Olimpiadas de FP
Enviado por mtpc o Mar, 12/04/2011 - 22:06O alumno Cristian Fernández Mariño, do CS Programación da Produción en Fabricación Mecánica do IES Politécnico, acadou a medalla de prata na categoría CNC Fresado nas Olimpiadas de Formación Profesional SpainSkills 2011 que se celebraron dende o 4 ao 8 de abril no IFEMA de Madrid.
Acceso á Universidade
Enviado por admin o Lun, 11/04/2011 - 10:31Convocatoria Consellería de Educación para actividades de formación en linguas estranxeiras
Enviado por mtpc o Lun, 14/03/2011 - 22:21A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011.
XORNADAS DE ORIENTACIÓN
Enviado por Anónimo o Xov, 17/02/2011 - 12:32CLARIFICA O TEU FUTURO
Organizadas polo departamento de Formación
e Orientación Laboral (FOL)
Do 21 ao 25 de Febreiro, de 10:00 a 11:30 horas.
No salón de actos do Politécnico
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Dom, 14/11/2010 - 14:40Conforme a Resolución do 6 de setembro de 2010 da Dirección Xeral de Ord. e Innovación Educativa da Consellería de Educación (DOG do 24 de setembro de 2010), realizaráse a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR do centro:
Nestas eleccións corresponde renovar:
- 3 Representantes de alumnado
- 1 Representante de Nais/Pais
- 3 Representantes de profesorado
- 1 Representante de persoal de administración e servizos
O prazo de presentación de candidaturas para os distintos sectores e do 16 ao 19 de novembro.
As votacións realizaranse o martes, día 23 de novembro de 11:00 a 12:30 e de 19:00 a 20:00 horas.
Intercambio Europeo VIGO-OSNABRÜCK
Enviado por Anónimo o Dom, 14/11/2010 - 14:00O Instituto Politécnico está inmerso nun Proxecto Europeo “Comenius Regio” para a preparación de intercambio de alumnos do noso centro con alumnos da cidade Alemaña de Osnabrück. Dentro deste proxecto os intercambios de estudantes concretaranse a partires do ano 2012.
Independentemente da axudas económicas que presentarán estes programas, neste curso xa se vai a levar a cabo un intercambio dunha semana de duración con 25 alumnos do instituto BBS Osnabrück-Haste que están estudando 12.KL. (1° de Bacharelato) de Psicoloxía e Pedagoxía / Saúde .
O intercambio realizarase mediante a formula de acollida entre alumnos. O alumno/a de Vigo acolleu na súa casa a un alumno/a de Osnabrück dende o 2 ao 8 de novembro, e o alumno de Osnabrück acollerá previsiblemente ao alumno de Vigo dende o 14 ao 22 de maio.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
