DATAS RECOMENDADAS DE MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 2024-25
Enviado por secretaria o Xov, 13/06/2024 - 18:51ENSINANZAS DATAS
2º BACH (Alumnado IES Politécnico con todo 1ºBACH aprobado en convocatoria ordinaria) 18-21 xuño
1º ESO 1-2 xullo
1º BACH 26-28 xullo
2º BACH (repetidores e aprobados en avaliación extraordinaria) 3-4 xullo
2º..3º..4º..ESO 4-8 xullo
Follas de matrícula:
Folla de matrícula ESO. Descargar aquí.
Folla de matrícula Bacharelato. Descargar aquí.
FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL CURSO 2024/25
Enviado por secretaria o Mar, 21/05/2024 - 11:19PRAZO DE SOLICITUDE: DENDE O 21 DE MAIO ATA 21 DE XUÑO(ámbolos dous inclusive)
LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS: 12 DE XULLO
RECLAMACIÓN: 15 E 16 DE XULLO
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS: 26 DE XULLO
FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
- Na secretaria do centro. solicitude castelan solicitude galego
- De maneira telemática, a tráves:
DOCUMENTACION A PRESENTAR:
- Solicitude cuberta e anexo II
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libaro de familia ou ete non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
- Setenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser ocaso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
NOVA FOLLA DE MATRICULA ABAU 2024
Enviado por secretaria o Mér, 15/05/2024 - 13:27Nova folla de matrícula da ABAU 2024.Pica aquí.
Os alumnos de 2º de bacharelato que se deban matricular na convocatoria ordinaria da abau deberán imprimir esta nova folla de matricula e destruir a que se lle entregou está mañá, a ciug achegou está última o final desta mañá.
NORMAS SOBRE O USO DO MÓBIL NO CENTRO
Enviado por admin o Mér, 31/01/2024 - 10:23Está totalmente prohibido o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos durante a xornada escolar, períodos lectivos e non lectivos.
Considéranse períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.
De maneira excepcional poderán empregarse como ferramenta pedagóxica sempre previa autorización e supervisión do profesorado.
ADMISION ESO/BACHARELATO CURSO 2024/25
Enviado por secretaria o Xov, 25/01/2024 - 14:24PRAZO DE ADMISION PARA ESO E BACHARELATO: Do 1 ó 20 de marzo.
Información detallada dos prazos: prema aquí.
Solicitude de admisión en castelan: prema aquí.
Solicitude de admisión en galego: prema aquí.
Asistente informático para solicitude web: prema aquí.
Normativa: prema aquí
Folla optativas ESO: prema aquí.
Folla optativas BACHARELATO ARTES: prema aquí.
Folla optativas BACHARELATO CIENCIAS: prema aquí.
Benvido/a ao IES Politécnico de Vigo, queremos dar resposta ás túas necesidades de formación.
Enviado por admin o Xov, 19/12/2013 - 14:19Formación Práctica de Loita Contra o Lume do alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos
Enviado por charo.cid o Ven, 14/06/2024 - 12:26O ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS REALIZA UNHA FORMACIÓN PRÁCTICA EN LOITA CONTRA O LUME
Como en cursos anteriores o alumnado de 1º do CS Prevención de Riscos Profesionais acudiu o luns 10 de xuño ás instalacións de Seganosa en Salvaterra do Miño para poñer en práctica os coñecemos adquiridos módulo de Emerxencias sobre extinción do lume mediante emprego de extintores tanto de pó como CO2 e mangueiras. Agradecemos ao persoal de Seganosa a súa colaboración na formación do noso alumnado.
Obradoiro Primeiros Auxilios 1º de CS de Prevención de Riscos Profesionais
Enviado por charo.cid o Ven, 07/06/2024 - 10:49O pasado xoves, 30 de maio o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais participou de xeito activo neste obradoiro impartido pola asociación VODEA co obxectivo de poñer en práctica os coñecementos adquiridos en primeiros auxilios no módulo de Emerxencias.
Como en cursos anteriores, agradecemos ao voluntariado de Vodea a suá dispoñibilidade para compartir co noso alumnado os protocolos de actuación en primeros auxilios.
Intercambio escolar curso 2023-2024: Collège Léonard de Vinci - IES Beade - IES Politécnico
Enviado por admin o Xov, 06/06/2024 - 12:35VISITA A EMPRESAS DA CONSTRUCIÓN CO ALUMNADO DO CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN
Enviado por charo.cid o Mér, 22/05/2024 - 22:40O pasado xoves 9 de maio organizamos no contrato-programa Innova e coa colaboración do Departamento de Edificación e Obra Civil unha saída para que o alumnado tivese a ocasión de coñecer de primeira man diferentes materiais e solucións construtivas que ofrecen tres empresas da nosa contorna: Forjados Hermanos Durán, Granichan e Casa Bio, as cales lle agradecemos a magnífica acollida que nos fixeron.
Acceso e Admisión Nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Galicia para o curso 2024/2025
Enviado por charo.cid o Sáb, 04/05/2024 - 22:42
Xa saiu a Resolución do 16 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Galicia para o curso 2024/25.
O prazo de Incripción esta comprendido entre o 26 de abril e o 21 de maio de 2024. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o día 25 de XUÑO.
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Importante seguir instrucciones GUÍA INSCRICIÓN
A PROBA DE ACCESO para quién no reuna os requisitos académicos ( proba sustitutiva dos requisitos de titulación) celebrarase o 30 de maio de 2024 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela
As PROBAS ESPECÍFICAS de acceso ás ensinanzas artísticas superiores terán lugar nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia, segundo o calendario que figura nos anexos da resolución.
LIGAZÓNS DE INTERESE
- RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25.
- ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música e se regula a proba específica.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
- Guía de Inscrición
O IES POLITÉCNICO de VIGO acada a MEDALLA DE PRATA na competición SPAINSKILLs 2024
Enviado por admin o Mar, 30/04/2024 - 18:09
PEDRO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, alumno do CS Programación da produción en fabricación mecánica, acompañado polo seu titor Javier Fondevila Blanco, acada a MEDALLA DE PRATA na competición a Fresado CNC nas SpainSkills 2024 celebradas no Ifema do 9 ao 13 de abril.
Parabéns ao alumno e o seu titor!!
Parabéns tamén aos alumnos co Curso de Especialización de Robótica Colaborativa Yago Couso Del Río e Nerea Cabaleiro Bastos co seu titor Antonio Ramilo que participaron nas SKILLs de demostración.
28 DE ABRIL DÍA DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Enviado por charo.cid o Mér, 24/04/2024 - 21:52Como todos os anos a Organización Internacional do traballo (OIT) conmemora o DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO. Este ano ten como finalidade reflexionar sobre as repercusións do cambio climático na seguridade e saúde das persoas traballadoras.
Algúns exemplos de riscos laborais agravados polo cambio climático son o estrés térmico, a radiación UV, a contaminación atmosférica, os accidentes industriais graves, os fenómenos meteorolóxicos extremos, o aumento das enfermidades transmitidas por vectores e a maior exposición aos produtos agroquímicos. Estes, poden afectar tanto á nosa saúde física como o noso benestar emocional.
O alumnado e o profesorado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Laborais do IES Politécnico convidámosvos a conmemorar este día lembrando a todas as persoas traballadoras falecidas neste ano en Galicia por mor do traballo.
A nosa compañeira Isabel Rodríguez preparounos un vídeo para conmemorar o 28 de abril de 2024.
XORNADA DEMO DE M3MH NO IES POLITÉCNICO DE VIGO
Enviado por admin o Mar, 02/04/2024 - 15:28O IES Politécnico de Vigo continúa na innovación tecnolóxica da man das empresas colaboradoras.
O pasado martes 19 de marzo Innovalia Metrology realizou una demo para alumnado e para empresa do software M3MH. Software metrolóxico deseñado para Máquinas Ferramentas.
A SITUACIÓN LABORAL E EMPRESARIAL ACTUAL EN VIGO E COMARCA
Enviado por charo.cid o Mér, 13/03/2024 - 23:25O departamento de FOL organiza para o alumnado de Ciclos formativos de adultos unha charla acerca da situación laboral e empresarial en Vigo e a súa comarca. O relator é Guillermo Hermida da consultora UNIGALIA.
VACANTES ESO-BACHARELATO PARA O CURSO 2024-25
Enviado por secretaria o Mér, 28/02/2024 - 13:05LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS
Enviado por secretaria o Mér, 28/02/2024 - 12:55RESERVA CURSO 2024/25 PARA 1º ESO
Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
CHARLA TÉCNICA: FLUXO DE INFORMACIÓN, MATERIAIS E CADEA DE SUBMINISTRACIÓN. PLANIFICACIÓN ORIENTADA A DEMANDA
Enviado por admin o Ven, 09/02/2024 - 17:53José Manuel Barbeira, da empresa Smartlog, impartiu unha charla/conferencia ao alumnado de adultos de fabricación mecánica sobre a estrutura e tendencias na Programación da Produción en Fabricación Mecánica.