blogue deadmin

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 2024-25

Martes día 20 de Febreiro ás 18,30 horas haberá unha xornada de portas abertas para o curso 2024-25

 

 

NORMAS SOBRE O USO DO MÓBIL NO CENTRO

Está totalmente prohibido o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos durante a xornada escolar, períodos lectivos e non lectivos.

Considéranse períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

De maneira excepcional poderán empregarse como ferramenta pedagóxica sempre previa autorización e supervisión do profesorado.

CHARLA TÉCNICA: FLUXO DE INFORMACIÓN, MATERIAIS E CADEA DE SUBMINISTRACIÓN. PLANIFICACIÓN ORIENTADA A DEMANDA

José Manuel Barbeira, da empresa Smartlog, impartiu unha charla/conferencia ao alumnado de adultos de fabricación mecánica sobre a estrutura e tendencias na Programación da Produción en Fabricación Mecánica.

smartlog1

GRAN XORNADA DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

Xornada Técnica: Escaneo 3D para la industria automotriz y manufacturera.

Impartida por CREAFORM, do grupo AMETEK.

Pola mañán, alumnado dos ciclos formativos e alumnado dos bacharelatos científicos estiveron moi interesados e participativos na exposición sobre a innovación no escaneado 3D con fins industriais.

Pola tarde, importantes empresas do sector industrial nos visitaron para coñecer de primeira man os avances na enxeñería inversa e no control metrolóxico a partir de escaneos 3D. .

 

CREAFORMGALERIA

Enlace a fotos e videos

 

 

O IES POLITÉCNICO de VIGO acada a MEDALLA DE OURO na competición GALICIA SKILLs 2023

O IES POLITÉCNICO de VIGO acada a MEDALLA DE OURO na competición a Fresado CNC de GaliciaSkills 2023, que se celebrou do a 25 ao 27 de outubro no recinto feiral de Silleda.

 

Pedro Rodríguez Rodríguez, alumno do CS Programación da produción en fabricación mecánica, foi o gañador nesta modalidade e estivo acompañado polo seu titor Francisco José Rodríguez Martínez, e apoiado polo profesor experto na competición Javier Fondevila Blanco.

 

 

Pedro Rodríguez representará a Galicia na competición SpainSkills 2024.

 

 

 

 

Cursos gratuitos de capacitación dixital para o público en xeral

Resultados ABAU Setembro 2018

RESULTADOS ABAU xuño 2018

Distribuir contido