En Mascara2. Exposición de máscaras de Carnaval feitas polos creativos alumnos da ESO do Politécnico na materia de Plástica.
Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 20:36
O director de cine Ignacio Vilar fala de cine coas alumnas/os de segundo curso de bacharelato de artes do Politécnico.
Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 20:27OLIMPÍADA ESPAÑOLA DE BIOLOXÍA
Enviado por admin o Xov, 24/02/2022 - 12:01Alumnado de 2º Bacharelato de Ciencias participa na OLIMPÍADA ESPAÑOLA DE BIOLOXÍA
XVII FASE AUTONÓMICA GALEGA na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña
Fai clic na imaxe para ver máis fotos
Presentación do software de medición en máquina-ferramienta (M3 MH) no IES Politécnico de Vigo
Enviado por admin o Lun, 21/02/2022 - 22:17Mulleres no sector da automatización e a robótica
Enviado por admin o Xov, 17/02/2022 - 14:42Foto gañadora do VII Concurso fotográfico xuvenil "Ningunha máis"
Enviado por admin o Mér, 12/01/2022 - 13:56
Foto gañadora do VII Concurso fotográfico xuvenil "Ningunha máis"
"Apoyo" de Julia Beatriz Ferreira, alumna de 1º de Bacharelato de Artes
VII CONCURSO FOTOGRÁFICO XUVENIL “Ningunha Máis”`
Enviado por admin o Ven, 05/11/2021 - 14:28Samaín Curso 2021-22 Concurso de Calacús
Enviado por admin o Mar, 02/11/2021 - 11:15PARABÉNS AO ALUMNADO DO IES POLITÉCNICO DE VIGO QUE ACADOU A MEDALLA DE OURO NAS SKILLs 2021
Enviado por admin o Ven, 15/10/2021 - 10:14O pasado venres día 8 de outubro celebráronse as probas correspondentes ás competicións das SKILLs 2021. Como resultado das mesmas acadaron a medalla de ouro os seguintes alumnos do centro:
-Manuel Antonio Alonso Álvarez, na modalidade de Instalacións eléctricas
-Antonio Manuel Presas Rodríguez, na modalidade de Mecanizado
Este alumnado participará agora na fase estatal da competición.
Parabéns ao alumnado así como aos profesorado titor e expertos/as polo seu bo traballo e excelentes resultados.
Fai clic na imaxe para ver máis fotos
Proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.
Enviado por admin o Lun, 27/09/2021 - 20:15
A pasada semana do 13 o 17 de setembro, os profesores do IES Politécnico de Vigo, Miguel A. López e Teresa Prado, estiveron na vila de Luino (Italia) formando parte do proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.
Este proxecto versa sobre a “Realidade Virtual e Aumentada no ámbito da industria 4.0”. Tratase dun proxecto internacional no que colaboran os centros BBS de Osnabrück (Alemaña), RocFreisePoortSneek (Países Baixos), Vocational College Tredu di Tampere (Finlandia), ISIS Cittá di Luino - C. Volonté (Italia) e o IES Politécnico de Vigo.
A reunión celebrada, TPM1 (Transnational Project Meeting), formou parte da preparación da seguinte mobilidade LTTA1 (Learning, Teaching and Training Activities) que se celebrará a finais de novembro en Alemaña, e na que xa se desprazará tamén alumnado do noso centro. Dita reunión foi a primeira do proxecto e tivera que ser adiada pola pandemia. Finalmente, grazas a mellora da situación sanitaria e da vacinación púidose celebrar.
Nas seguintes ligazóns pódense consultar uns artigos da prensa local italiana facendo eco da noticia.
https://www.varesenews.it/2021/09/luino-primo-giorno-scuola-allisis-parte-lerasmus/1377814/
Seguridade coa covid-19 no curso 2021-2022
Enviado por admin o Xov, 12/08/2021 - 10:27VII CONCURO DE MICRORRELATOS XUVENIL E HAIKUS
Enviado por admin o Mér, 30/06/2021 - 10:44Sira Garrido Rodríguez, alumna de 3º ESO, recibe o Premio do xurado na categoría de 14 a 16 anos polo microrrelato "Lonxe de min e preto"
O Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación visitan o IES Politécnico
Enviado por admin o Mar, 22/06/2021 - 10:48
O Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación visitan o IES Politécnico de Vigo para facer o seguimento da reconstrución da maqueta sobre a ordenación de Vigo proxectada polo arquitecto Antonio Palacios. Esta maqueta formará parte dunha exposición que se inaugurará no mes de setembro no Museo do Mar de Galicia (Vigo), e no que participa o centro a través do profesor Javier Fondevila e os alumn@s Sabela Fernández e Antonio Presas do departamento de Fabricación Mecánica. |
PROXECTO INNOVA DUN AEROXERADOR DOMÉSTICO DE ALTO RENDEMENTO
Enviado por jfondevila o Mér, 26/05/2021 - 10:59Unha idea, un reto, unha equipa, moita adicación, compromiso e moito traballo, empeza a dar os seus froitos.
Xa queda pouco para rematar o proxecto de INNOVA.
Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021.
Enviado por admin o Mér, 12/05/2021 - 19:30PROGRAMAS ERASMUS + "CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA - CICLOS MEDIOS E SUPERIORES FP
Enviado por charo.cid o Lun, 03/05/2021 - 09:46Dentro dos PROGRAMAS ERASMUS+ que temos para o noso Instituto, abrimos unha nova convocatoria do programa CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA. Calquera profesor que imparta docencia nun CICLO SUPERIOR O MEDIO DE FP pode convidar a un TÉCNICO/A ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro pais (paises da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto. O prazo quedará aberto ata o venres 7 de maio de 2021, ás 24:00 h.
Cada departamento conta inicialmente cunha BOLSA para poder convidar a un especialista dunha empresa a dar charlas no centro mantendo os obxetivos do programa: mellorar a formación do alumnado e/ou docentes.
As mobilidades dos convidados podes facerse antes de rematar o curso, antes de rematar o ano 2021, ou antes d0 30 de maio de 2022.
Poden tramitarse 'on line' na web de ERASMUS+ do IES POLITECNICO DE VIGO. O enlace é o seguinte: 'CONVIDA UN EXPERTO'
<https://erasmuspolitecnico.wixsite.com/erasmuspolitecnico/acerca-de-2>.
28 de abril día Mundial da Seguridade e Saúde No Traballo
Enviado por charo.cid o Mér, 28/04/2021 - 20:22No día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo, o alumnado do Ciclo de prevención de Riscos Profesionais que está a facer a FCT na empresa CIVIS GLOBAL, propóñennos un reto para poñer a proba a nosa cultura preventiva .
Grazas Betina Conde e Jorge Álvarez, alumnado do IES Politécnico de Vigo e grazas a Beatríz Fernández, titora na empresa CIVIS GLOBAL do noso alumnado.
(16) GAMIFICACION COMO METODO DE PARTICIPACION EN LA PRL | LinkedIn
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »