NOVO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN FABRICACIÓN INTELIXENTE
Enviado por admin o Ven, 03/07/2020 - 13:05SEDE ABAU IES POLITECNICO DE VIGO
Enviado por admin o Mar, 30/06/2020 - 13:37Xornadas Informativas FP Dual Galicia
Enviado por charo.cid o Mar, 30/06/2020 - 11:48O 23 e 25 de xuño celebráronse unhas xornadas informativas de FP Dual en Galicia. Déixovos ligazóns aos vídeos das xornadas, neles poderedes
atopar as respostas a todas as dúbidas que teñades sobre esta modalidade de Formación profesional.
Receitario de Igualdade
Enviado por charo.cid o Xov, 25/06/2020 - 13:54Receitario de Igualdade
Coa participación de Raquel Pereiro e Paula Sotelo, alumnas do CS de Robótica Industrial. Frear e eliminar a violencia sexual é cousa de todos e todas.
Creemos unha dieta de xustiza e igualdade!
EQUIPO DE IGUALDADE. IES POLITÉCNICO VIGO
Datas presentación matrícula E.S.O. e bacharelato e 2º curso de ciclos formativos réxime ordinario
Enviado por secretaria o Mar, 23/06/2020 - 10:20"Aleluya" traballo dos alumnos de 2º de Bacharelato de Debuxo Artístico II
Enviado por admin o Ven, 19/06/2020 - 23:50Probas de acceso para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21
Enviado por Anónimo o Mar, 16/06/2020 - 11:32
Aquí tedes a información que nos facilitan as Escolas Superiores de Arte de Galicia, facendo click nos logos podedes acceder a súa páxina web.
PROBAS DE ACCESO 2020/21
Inscrición: Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.
PROBAS PRESENCIAIS | Especialidade de Interpretación
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un procedemento coas MÁXIMAS GARANTÍAS de SEGURIDADE, PREVENCIÓN e HIXIENE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as medidas recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.
PROBAS TELEMÁTICAS | Especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Escenografía
As probas de acceso nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e de Escenografía vanse realizar de forma telemática, mediante o servizo de videoconferencia Cisco Webex Meetings, facilitado pola Xunta de Galicia.
Inscrición ás EESS de Deseño nas EASD´s de Galicia, tamén para as EESS de Deseño de Moda e de Deseño de Produto que se imparten na EASD Mestre Mateo.
Inscrición entre o 18 e o 29 de xuño, para todas as modalidades de acceso. A inscrición pódese realizar de forma telemática, para poder formalizala de forma telemática é necesario dispor da Chave365
PROBA MADUREZA: 6 de xullo, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. (para os solicitantes que non dispoñan de título de bacharelato ou equivalente)
PROBA ESPECÍFICA: Realizarase o 13 de xullo Como novidade, este curso, a proba específica non estará centralizada na Coruña. Para evitar desprazamentos, esta parte das probas levarase a cabo simultáneamente nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela, EASD Pablo Picasso A Coruña, EASD Antonio Faílde Ourense, EASD Ramón Falcón en Lugo.
Haberá que levar a inscrición e facer a proba naquela Escola que estea máis preto do domicilio do solicitante. A proba é unica para as 4 especialidades en Deseño que se imparten nas Escolas: Deseño de Moda, Deseño de Produto, Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.
Preguntas frecuentes: http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/preguntas-frecuentes-deseno
Obtención Chave365 no teléfono 012 ou no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
As solicitudes para participar nas ditas probas poderanse presentar desde o día 22 de xuño ao 3 de xullo, para ciclos de grao superior, e desde o día 22 de xuño ao 4 de setembro para ciclos de grao medio.
A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso ao ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de xullo, e as probas específicas de acceso terán lugar o 20 de xullo; para o acceso a ciclos de grao medio, a proba substitutiva do título de ESO terá lugar o día 9 de setembro, e as probas específicas o día 15 de setembro. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Guía da ABAU e do Acceso á Universidade 2020
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2020 - 17:09
Aquí tedes un enlace a unha guía moi sinxela e completa sobre a ABAU e o acceso a Universidade deste ano 2020.
Moito ánimo e o esforzo será recompensado.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Como Facer a Matrícula para a ABAU 2020
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 10:39No seguinte blogue, Mónica Diz, orientadora no IES a Sardiñeira, preparou un documento interactivo que vos explica perfectamente e de forma sinxela como facer a vosa matrícula na ABAU.
https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/06/como-hacer-la-matricula-en-la-abau.html
Recomendámos que lle votedes un ollo.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Ponderacións ABAU 2020-2021
Enviado por Anónimo o Mér, 03/06/2020 - 11:59Publicados os parámetros de ponderación para as ABAU 2020 en Galicia.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Adaptacións das programacións dos departamentos didácticos con motivo do COVID-19
Enviado por admin o Mér, 20/05/2020 - 10:02Podes consultar estas adaptacións no menú Departamentos, na parte dereita da pantalla, premendo na opción Programacións de cada departamento e accedendo aos arquivos "adxuntos".
CONVOCATORIA ABAU 2020
Enviado por admin o Ven, 15/05/2020 - 18:27REANUDACIÓN DO PROCEDIMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Mér, 06/05/2020 - 11:03
Iniciarase o 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes
Medidas coronavirus
Enviado por admin o Xov, 12/03/2020 - 22:26
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia
Resolución do 23 de abril de 2020, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento da FP e a FCT
Novas instrucións en relación co COVID-19 do 13 de marzo
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
Proceso de Admisión Curso 2020-2021
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
Para o alumnado do Politécnico de Vigo
Con respecto as actividades a desenvolver durante os días de suspensión das clases:
1.- Os/as que usades a cotío a aula virtual, ésta seguirá sendo o medio preferente para enviarvos as tarefas a desenvolver.
2.- No caso de non usar a aula virtual, o profesorado irá colgando actividades a través da páxina web do IES. Estas actividades localizaranse na parte dereita da pantalla, no menú "ACTIVIDADES 3ª AVALIACIÓN" entrando no curso correspondente.
3.- Outro profesorado porase en contacto con vos a través do correo electrónico.
Se non se dispón destes medios, repasar utilizando os vosos libros de texto, apuntes...
A Dirección.
Nota de prensa do MEC en relación a ABAU e a FCT do 25 de marzo
A continuación vai un arquivp co contido da nota de prensa do día 25 de marzo de 2020
Proxecto "Aulas Galegas"
Enviado por leites o Xov, 12/03/2020 - 16:33A continuación remítese un enlace ao portal educativo "Aulas Galegas" creado por profesorado galego para compartir recursos, para axudar ao alumnado, familias e profesorado nestes momentos tan complicados.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ACTIVIDADE NON PRESENCIAL
Enviado por charo.cid o Mar, 10/03/2020 - 13:45Aproveita este tempo para reflexionar sobre o teu futuro académico e profesional. No Departamento de Orientación seguimos informando e asesorando. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .
- INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO
Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com
Sara Rivera:sararivevilla@gmail.com
- INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP
Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com
Déixovos a presentación da vos pode servir de axuda nas vosas decisións.
LIGAZÓNS
Visita ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
Enviado por admin o Mar, 03/03/2020 - 13:28
Fai clic para ver imaxes
O pasado mércores 19 de febreiro os grupos de 1º Bacharelato de Ciencias E e F, 1º e 2º Bacharelato de Ciencias adultos e ESA do noso centro participaron nesta actividade organizada polo departamento de Matemáticas e que contou coa colaboración do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Puidemos visitar as instalación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. As investigadoras Susana Teijeira e Saida Ortolano encargáronse de coordinar a visita. Os nosos alumnos foron recibidos por varios científicos que lles presentaron as súas liñas de investigación en diferentes áreas: Roberto Agís ( Epixenética / Neurociencias), Saida Ortolano ( Cultivo celular e ensaios enzimáticos), Eva Poveda ( Cultivo de bacterias), Carlos Spuch ( Neurociencias), Olga Souto e Susana Teijeira ( Corte e tinguido de texidos / Microdisección láser), Vanesa Val ( Biobanco), César Veiga ( Cardioloxía) e Irene Viéitez ( Estudos xenéticos). Os estudantes de doctorado Daniel Pérez e Laura Busto tamén participaron na exposición. A actividade foi un éxito. Podedes ver algunhas fotos. |
Excursión de alumnos de 2º de ESO ás instalacións de Faro de Vigo en Chapela
Enviado por admin o Mar, 03/03/2020 - 13:26
Acompañados polas profesoras María Fontela, Ana Fresco e María Jesús Fernández, os alumnos de 2º de ESO foron de excursión a visitar o Faro de Vigo en Chapela, o día 18 de febreiro. Con tal motivo, percorreron as instalacións do xornal decano da prensa española e coñeceron en vivo o funcionamento do periódico |
Fai clic para ver imaxes |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »