Simulacro No IES Politécnico de Vigo 2019/2020

O día 27 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación  no  noso Instituto  de forma EXITOSA.

Dar as grazas a Agrupación de Voluntariado de Protección Civil do Concello  de Vigo pola súa presenza  ano tras ano , a nosa compañeira de Emerxencias Isabel Rodríguez e ao  titor de 2º de FP Básica Antonio Ramilo pola sua organización, ao alumnado de 1º do Ciclo de Prevención  e ao alumnado de  2º de FP básica pola organización previa, e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .

  Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!

 

 

 

Exposición Ningunha Mais

 

Ganadora: Tatiana Domínguez "O amor non.......non atrapa"

Mención de Honra: Adriana Rodríguez "Caricias que no..."

Día Internacional da Violencia de Xénero No IES Politécnico

 O alumnado de 1º curso do Ciclo Básico de Electricidade e Electrónica, dinamizados pola  súa profesora Carme Adán e Equipo Igualdade instalaron a exposición “ O machismo mata” con 51 globos negros en homenaxe as 51 mulleres asasinadas no que vai de ano 2019.No momento da publicación 52.

Visita Facultades 2º Bacharelato de Artes

O martes 26 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes visitou as Facultades de Belas Artes e de Ciencias Sociais e da Comunicación, así como a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais para coñecer de cerca as titulacións de Grao e Master que ofrecen. Unha interesante visita que favorecerá a toma de decisións sobre o seu futuro académico e profesional entre outras propostas e accións que se desenvolverán ao  longo do curso.


Solicitude bolsa Erasmus+ Ciclos Formativos Medios e Superiores

 

O venres 29 de Novembro rematará o prazo de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+, nesta nova convocatoria.

 Solicita a túa bolsa Erasmus+!

Día 25 de Novembro. Día Internacional Contra a Violencia Machista.

O Equipo de Igualdade do Politécnico de Vigo, un ano máis, elaborou un amplo programa de actividades para a conmemoración do  Día Internacional Contra a Violencia de xénero.

igualdade

O Magosto do Politécnico de Vigo

Igualdade do Politécnico de Vigo Nas Xornadas Municipais de Coeducación

O equipo de igualdade do Politecnico de Vigo, representado pola responsable de igualdade Eva Piña e Carmen Adán, estivo nas xornadas municipais "Coeducacion  para  previr  a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en IGUALDADE"  organizadas pola Concellería de Igualdade os días 6 e 7 de novembro. Nelas Compartiron as boas prácticas no eido da igualdade  e da prevención de violencia de xénero que se desenvolven no noso centro.

"Enriquecedor encontro, compartir experiencias con outros centros moi comprometidos coa Igualdade!" (Eva Piña)

igualdade

Visita o Museo Marco do alumnado de 2º Bacharelato de Artes

 

O alumnado de 2º Bacharelato de Artes de TEGP visita no Museo Marco as exposicións:"Sombras de Paradoxos" de Jorge Martins e "O salón dos espellos" de Eduardo Gruber  e "O esquecemento da beleza" de Puri del Palacio na Casa das Artes.

 

Viaxe a Lisboa

Con Herminia na súa tafona

Solicitude bolsa Erasmus Ciclos Formativos Medios e Superiores

Xa podes facer a túa solicitude de bolsa Erasmus. Vive a túa experiencia Erasmus!

  

8 de cada 10 ERASMUS atopan traballo antes de tres meses. Reportaxe interesante na TVE2.

dd

 

 

 SOLICITUDE BOLSA

Concurso fotográfico Ningunha máis

Xornadas da visibilidade 7-8 Outubro

Novo Horario Servicio de Orientación Laboral-Profesional.

No SERVIZO de Orientación laboral e profesional continuamos, este curso, informando e orientando a todo o alumnado nos máis variados temas de interese profesional e laboral.

Distribuir contido