CHARLAS PRIMEROS AUXILIOS 2015

O alumnado de ciclos formativos asistiu a unhas charlas de primeiros auxilios impartidas polo voluntariado de PROTECCIÓN CIVIL do Concello de Vigo. Mostrar o noso agradecemento aos voluntarios/as de protección civil de Vigo que de forma desinteresada colabora ano tras ano co IES Politécnico de Vigo.

 

I FESTIVAL CURTAS 2015

Despois da Esmorga é o maior éxito do cine galego. Parabéns aos nosos premiados no festival CINEDFEST

Ver noticia no Faro de Vigo - 5 de xuño 2015

CONVOCATORIA CONCURSO EDUEMPRENDE 2015

Convócase por orde Orde do 15 de maio de 2015 (DOG 27 de maio de2015)concurso Eduemprende Idea 2015, dirixido ao alumnado dás ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño dá Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

1.Ten dúas modalidades

A.Ciclos grao superior

B.Ciclos grao medio

2.A participación ten que ser en grupo, mínimo dúas persoas.

3.O plazo da presentacion solicitude 27/6/2015


Máis información no enlace: 
http://www.edu.xunta.es/fp/fp-plus-idea

Parabéns á nosa alumna Malena Riveiro Mouriño (1º ESO)

Por acadar o 1º posto no Campionato Galego de Judo na categoría Infantil, e o valiosísimo 7º posto nos Campionatos de España.

Un exemplo de cómo as boas calificacións poden ir unidas  aos bos resultados no eido deportivo.

Noraboa!

Gala de fin de ciclo. Promoción 2015

Fermosísima Gala de fin de ciclo do noso alumnado de bacharelato. Emocionante e moi ben organizada. Chea de anécdotas, sorpresas e lembranzas de dous anos inesquecibles. Ao final un divertido photocall. Os nosos mellores desexos para o futuro que comezades.

NOVA CONVOCATORIA BOLSAS ERASMUS+ SETEMBRO - DECEMBRO 2015

Aberta a nova convocatoria BOLSAS  ERASMUS+ SETEMBRO - DECEMBRO 2015 .As charlas informativas terán lugar:

  • Martes 26/5/2015 as 11:30 h.
  • Martes 26/5/2015 as 19:20 h

Toda a información a tes na Páxina web do ERASMUS

http://erasmuspolitecnico.wix.com/erasmuspolitecnico#!inicio/mainPage

ANIMARVOS!

VIAXE DA FIN DE ETAPA DE 4º ESO

O alumnado de 4º ESO, co gallo da fin de etapa, viaxou a Salou o 8 de maio para desfrutar de seis días fóra das aulas, visitando as cidades de Tarragona e Barcelona, e gozando nas atraccións de Port Aventura. Agardamos que teñades moito éxito no novo ciclo que ides iniciar.

SPAINSKILLS 2015

Os campeonatos Spainskills 2015 celebráronse en Madrid do 5 ao 9 de maio de 2015

Medalla de prata en fresado-torneado: Adrián Martínez Rodríguez, do IES Politécnico de Vigo.

Titor: Javier Fondevila Blanco.

Un SPAINSKILLS máis e unha medalla máis, e xa van tres, unha de ouro e dúas de prata.

Dende que se volveu celebrar esta campeonato nacional de FP no ano 2011 vimos participando dende o Politécnico de Vigo, e con resultados moi satisfactorios como o demostran os galardóns obtidos. Con isto queda reflictido o alto nivel de formación no noso Centro, a implicación do profesorado, e os resultados obtidos pola aposta de medios tanto  materiais  como técnicos, actualizados e acordes coa fabricación e o entorno productivo da comarca.

Alumnado do IES Politécnico de Vigo, clasificado para a Fase Final da Olimpiada Matemática Galega 2015

O IES Politécnico de Vigo da a noraboa  aos alumnos  de 2º da ESO Anxo Bravo AlonsoJordi Latre Mera polo seu éxito, ao lograr a clasificación para a Fase Final  da Olimpiada Matemática Galega 2015.

 

Viaxe cultural a París do alumnado de 1º de bacharelato de Artes e Ciencias

Como nos últimos anos o alumnado de 1º de bacharelato viaxou a París. Entre o 18 e 22 de abril disfrutamos dos museos e monumentos que fan de París unha das cidades únicas do mundo. Unha viaxe na que aprendimos moito e que non esqueceremos nunca.

Asistencia do alumnado de 1º Bacharelato ás Bibliotecas Viventes

Asistencia do alumnado de 1º Bacharelato ás Bibliotecas Viventes, organizadas polo Concello de Vigo, Normalización Lingüística no Verbum, en Vigo. 16/4/2015

O COOPERATIVISMO UNHA OPCIÓN DE EMPRENDEMENTO

Se es emprendedor pódenche interesar estes obradoiros de formación gratuíta:" Por que non Traballamos  en equipo?"e "Formación cooperativa para persoas que queren emprender". Obradoiros que se farán no centro da rede EUSUMO na Cámara de Comercio de Vigo, no mes de Xuño.  

 

rtererw

«

3ª CONVOCATORIA DE BOLSAS EUROLINGUA PARA INRLANDA

Eurolingua abre o prazo de solicituda de Bolsas para Irlanda. A convocatoria está dirixia a estudantes universitarios, de bacharelato ou formación profesional O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O DÍA 21 DE ABRIL

PROGRAMA DE ACCIÓNS FORMATIVAS "ACTIVATE"

Programa dirixido á realización de accións formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre que sexan de interese e que atendan ás demandas do colectivo máis novo da provincia de Pontevedra, 

Alumnado do IES Politécnico premiado - Excelencia Académica

O IES Politécnico quere felicitar  aos seus ex-alumnos Gabriel Covelo Rodríguez  y Paula Sánchez  Sanchez pola seus éxitos académicos.

Alumnado do IES  Politécnico premiado  - Excelencia Académica

Promoción da Lingua Portuguesa en Secundaria I

Distribuir contido