I FESTIVAL CURTAS 2015

Despois da Esmorga é o maior éxito do cine galego. Parabéns aos nosos premiados no festival CINEDFEST

Ver noticia no Faro de Vigo - 5 de xuño 2015

   A materia Cultura Audiovisual de primeiro curso de bacharelato de artes organiza o primeiro festival de curtametraxes do IES Politécnico de Vigo, que terá lugar o vindeiro luns 25 de maio ás 16:00 horas no salón de actos do instituto. Proxectaranse as curtas de ficción realizadas polo alumnado do curso 2014-2015 e realizarase unha votación popular entre todos e todas as asistentes á proxección para elixir a curta gañadora do único premio que se outorgará.

O festival é de entrada libre ata completar o aforo e está invitada a asistir toda a comunidade educativa do centro.