CONVOCATORIA 2016/2017 PROGRAMA LANZADERA

Nova convocatoria programa lanzadeira 2016/2017  para os que perseguen un soño e queren facer dunha idea un proxecto empresarial  . Período para inscribir o proxecto ata o 29 de febreiro  na seguinte ligazón.

http://www.lanzadera.es/programa-lanzadera/

Bases convocatoria 2016/2017

 

Seleccionados para o Premio Don Bosco 2016

O profesor do Departamento de Electricidade Luís Diéguez González e mais os alumnos Diego Iglesias Landín e Juan José Pérez Pérez do CS de Automatización e Robótica Industrial de adultos foron seleccionados para o Premio Don Bosco á investigación e innovación tecnolóxica que terá lugar o 1, 2 e 3 de marzo en Zaragoza.

O proxecto presentado e co que intentarán gañar o Premio é "Control dun drone con Arduíno e teléfono Android". Como din no proxecto presentado:

Exodus. A ruta dos refuxiados

O vindeiro xoves 18 inaugurarase a exposción "Exodus. A ruta dos refuxiados" na entrada do Instituto a cargo dos fotoxornalistas Felipe Carnotto e Adrián Irago. Ademais ese mesmo día teremos unha conferencia na que nos falarán das súas experiencias e á que pode acudir quen o desexar.

Exodus. A ruta dos refuxiados

Visita do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, en Benteler Automotive Vigo S.L. aos alumnos da FP Dual do IES Politécnico de Vigo

O primeiro grupo de alumnos de FP Dual do IES Politécnico de Vigo, que xa están este ano en formación na empresa Benteler Automotive Vigo S.L. realizando o ciclo formativo de grao medio de Mantemento Electromecánico, recibiron a visita do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, acompañado do xerente de Benteler Automotive S.L., Guillerme Aibeo; do director de Recursos Humanos, Carlos Casal; e do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

VISITA A BENTELER AUTOMOTIVE S.L.

O  venres pasado os nosos alumnos do Ciclo superior de prevención de riscos profesionais   acompañados   dos seus profesores visitaron as instalacións de BENTELER AUTOMOTIVE VIGO S.L. 

Dar as grazas desde o IES Politécnico pola  súa colaboración e amabilidade .Agradecemento a Esther Fernández  do departamento de seguridade,saúde e medio ambiente e Carlos Casal responsable de Recusos Humanos.

 

Entroidada 2016

Este venres 5 de febreiro celebraremos a nosa Entroidada. Teremos filloas, orellas e moito máis!

Entroidada 2016

CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO 2016

Convocatoria  da  Xunta de Galicia do Certame Cooperativismo no Ensino 2016.

O alumnado e profesorado de FP poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a única modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

Prazo de presentación das solicitudes e dos traballos: ata o 15 de maio de 2016.

ORDE DA CONVOCATORIA

CURSO EN LIÑA NIVEL BÁSICO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Curso en liña Nivel Básico de prevención de riscos laborais  ofertado polo ISSGA ( Instituto Galego de Seguridade y Saúde Laboral) .Curso de 60 horas, gratuito .Formación  necesaria, en moitos casos , para acceder ao mercado laboral. Data de inscrición do 15/2/2016 ao 24/2/2016. Selección por orde de incrición.

LIGAZONS

http://issga.xunta.es/portal/index.html

http://issga.xunta.es/portal/contido/formacion/en-lina/index.html

https://egap.xunta.es/matricula/login.php

CONVOCATORIA DE 200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL EN SERVICIOS DA DIPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral  destinadas a persoas con titulación universitaria ou de

Formación Profesional( ciclos superiores),titulacións relacionadas no Anexo I da convocatoria, sen

experiencia previa no ámbito da súa  titulación, para a Deputación e Concellos da provincia de Pontevedra.

Necesaria facer unha  preisncripción previa na web da deputación www.depo.es .O prazo das solicitudes remata 

 o 8/2/2016.

Se queres mais informarción podes vir ao servizo de Orientación laboral-profesional ou no correo 

  orienta.laboralprofesional@gmail.com

Axudas da Xunta de Galicia para Novos Emprendedores e para a promoción do Emprego Autónomo

Convocadas axudas pola administración autonómica para novos emprendedores  e pequenos autónomos:

  • Axudas para novos emprendedores: o prazo da presentación das solicitudes  rematará o 12 de febreiro de 2016
  • Programa para a promoción do emprego autónomo: o prazo da presentación das solicitudes  rematará o 29 de febreiro de 2016
  • programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas:  o prazo de presentación das solicitudes rematará  o 30 de setembro do 2016

Se queres mas informarción podes facelo no servizo de Orientación laboral-profesional ou no correo orienta.laboralprofesional@gmail.com

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS. CONVOCATORIA 2016

Publicada a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias

profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas

unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.O prazo será desde o 11 de xaneiro

ao 5 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.

ORDE DA CONVOCATORIA

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

O IES Politécnico de Vigo quere deserxar a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un Próspero Ano Novo.

Para este 2016 pedirémoslle ao Apalpador que veña con Felicidade e Benestar para todos e todas.

 

CHARLA "IDENTIDADE PROFESIONAL DIXITAL"

O próximo 14/12/2015(luns) de 12:00 h a 14:30  terá lugar no Paraninfo unha charla  pensada para os 2º de ciclos formativos,charla  moi interesante para construir a nosa identidade profesional no espazo virtual, orientada á búsqueda de emprego e á iniciativa emprendedora .

 

  • Día : 14/12/2015
  • Hora: 12 h.a 14:30
  • Ponente: Orientador Laboral Concello de Vigo  Xose Alberte cea
  • Destinatarios: 2º ciclos medios y superiores. Ciclo de plans de obra 

 

BOLSAS ERASMUS 2015/2016

Xa podes solicitar unha das 8 BOLSA ERASMUS+ para CICLOS SUPERIORES.Toda información en

erasmuspolitecnicowix.com

 

CONVOCATORIA CONTRATOS CSIC PRÁCTICAS PARA MOZOS EN GARANTÍA XUVENIL

Convocadas prazas para contratos na modalidade de prácticas para traballar nos centros ou unidades orgánicas do CSIC.Cos seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española.
  • Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
  • Estar en posesión da titulación académica concreta, tanto na especialidade como no nivel/grao da mesma, que se esixa para cada contrato de acordo co disposto no Anexo I.(
  • Estar inscrito no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.(Pódese incribir  antes da solicitude)
  • presentación de solicitudes do 27 de novembro ao 15 de decembro.

MAIS INFORMACIÓN:

Convocatoria

Anexo titulacións.

Orde da convocatoria

Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra a Muller - 25 de novembro

25 de novembro é o Día Internacional pola Erradicación da Violencia contra a Muller.

A Responsabilidade Empresarial En Materia De Seguridade E Saúde Laboral

O IES Politecnico de Vigo dá  as grazas a ASIME pola súa invitación a unha xornada tan interesante para os nosos alumnos do Ciclo de prevención de riscos profesionais.  

 

foto

 

 

Celebramos o noso Magosto!

Grazas a todo o profesorado, alumnado e PAS que colaborou na preparación e organización da nosa festa. Todos desfrutamos do día e pasámolo moi ben!

 

Magosto 2015 from Sérgio Nunes on Vimeo.

I CONFERENCIA SOBRE TALENTO TÉCNICO, CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO

I CONFERENCIA SOBRE TALENTO TÉCNICO ,CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO

  • Lugar: Coruña
  • Día: 26/11/2015
  • Hora:De 9 a 18 h.
  • Sorteo de premios: Programa para desenvolver o teu talento e cinco entradas para Star wars " O espertar da forza"

Mais información:

CARTEL

DIPTICO PROGRAMA

Distribuir contido