Acto de titulación de Bacharelato 2014

Acto de titulación de Bacharelato 2014

Viaxe a Paris de 1º de bacharelato de Artes e Ciencias

Viaxe a Paris de 1º de bacharelato de Artes e Ciencias

Entre o 3 e 7 de abril de 2014 os bacharelatos de Artes e Ciencias realizamos unha visita cultural a París. Descubrimos a través das explicacións de Pilar os museos do Louvre, d'Orsay e o Centro Pompidou. Gozamos cos lugares máis encantadores desta cidade espectacular. Desprazámonos no Metro, subimos á Torre Eiffel, recorrimos os Campos Elíseos, as Tullerías, os xardíns de Luxemburg, o Barrio Latino. Visitamos Notre-Dame, La Madeleine, Praza Vendôme, a Ópera Garnier. Descubrimos aos artistas de Montmartre entre as rúas que rodean ao Sacré-Coeur. E traemos no corazón un pouco desta cidade que namora. Unha viaxe que non esqueceremos, grazas tamén a un alumnado cun comportamento exemplar.

Horario de Biblioteca

A partir do luns 7 de abril de 2014 a Biblioteca do IES Politécnico de Vigo estará aberta dende as 8:10 horas ata as 13:40 horas. O horario de tarde mantense coma sempre.

A coordinadora de Biblioteca
Margarita García Giménez

25 de abril

Fragmento da presentación realizada polo alumnado da asignatura "Portugués" coa dirección do profesor do centro Xan Garrido.

Admisión e matrícula na ESO e BACHARELATO - Curso 2014/2015

Admisión e matrícula na ESO e BACHARELATO - Curso 2014/2015

Normativa

Solicitude admisión ESO

Solicitude admisión bacharelato

Nesta páxina penduraranse todalas listaxes, cambios e/ou información que vaian surdindo no proceso.

Xubilación do profesor Alejo Castro

   O profesor de física e química Alejo Castro xubilouse o día 12 de xaneiro. Despois dunha longa traxectoria como docente no Politécnico, o seu alumnado e os seus compañeiros ímolo botar moito de menos. O Instituto perde a un moi bo profesor, os seus alumnos o lembrarán sempre e os seus compañeiros agardamos as súas visitas para continuar as tertulias ás que nos tiña afeccionados. 

   Alejo unha aperta de todos, de todo corazón, coa envexa de saber que agora o tes máis novo que o noso.

   Os teus alumnos e os teus compañeiros que che aprecian.

CHARLA BECAS ERASMUS 1º DE CICLOS SUPERIORES

Comunicámosvos que nas seguintes datas darase  unha charla informativa  sobre as bolsas erasmus con motivo de informarvos e de facer previsións para  a solicitude das bolsas.

 

  • Alumnado de 1º Ciclos superiores diúrno: 24 de xaneiro ás  11:30
  • 

  • Alumnado de 1º Ciclos superiores nocturno: 28 de xaneiro de 17:40 a 18:30

PRÁCTICAS REMUNERADAS EN EMPRESA

Xa podes consultar as listas definitivas de admitidos no Plan de Práctica Laboral da Diputación de Pontevedra.  Se non puido ser esta vez, xa sabes que moi pronto sairán novas prazas. http://ow.ly/rt6TA.
 Logo do portal oficial da provincia de Pontevedra

Alumnos de Sosnowiec no IES Politécnico de Vigo

Un total de 16 alumnos do centro formativo Centrum Ksztalcenia Zawodowego i Ustawicznego de Sosnowiec, Polonia, estiveron realizando un curso de Control Numérico nas instalacións do IES Politécnico de Vigo durante dúas semanas, dende o 12 ata o 26 de outubro, mediante un programa desenvolvido dentro dos proxectos Leonardo da Vinci.

Admisión PCPI 2013/14

A Resolución do 31 de xullo do 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, determina os prazos de admisión e se dita instrucións para o seu desenvolvemento no curso académico 2013/14 dos programas de cualificación profesional inicial . (DOG 12 de agosto de 2013)

- Presentación de solicitudes de admisión:    2 de setembro ata as 13.00 horas do día 11 de setembro
- Lista de admitidos:                                     13 de setembro
- Prazo de matricula para admitidos:            13 ao 17 de setembro

Concesión cafetería 2013/2014

Seguindo a Instrucción 4/2013, DO 14 DE XUÑO DE 2013 da Consellería de Educación, para a contratación dos servizos de xestión e explotación das cafeterías dos centros educativos públicos, sácase a concurso o servizo  da cafetería do IES Politécnico coas seguintes INSTRUCCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES Politécnico de Vigo recolleran, na conserxería do centro, o documento titulado “ CONDICIONS PARA A CONTRATACION DO SERVIZO DE XESTION E EXPLOTACION DA CAFETERIA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA”. Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro. 
  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Dirección do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: Día  1 de xullo, luns.
PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o martes 2 de xullo, ata o xoves 11 de xullo, as 12:00 horas.
PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: Venres 12 de xuño as 12 horas
POSTA EN MARCHA DO SERVICIO: O día de inicio das actividades lectivas
Distribuir contido