Complementarias
CONFERENCIA DA USC
Enviado por Vicedirec. o 30 Marzo, 2008 - 20:05Dentro do programa "A ponte entre a Universidade e o ensino medio" o martes 25 de marzo tivo lugar na Aula de Usos Múltiples do instituto unha conferencia para os alumnos de 2º bacharelato. Ésta foi impartida por un membro da Universidade de Santiago de Compostela có fin de proporcionar información sobre dita universidade.
ENTROIDO
Enviado por Vicedirec. o 30 Xaneiro, 2008 - 15:50O vindeiro venes 1 de febreiro celebraráse no centro o Entroido. Os alumnos poderán disfrazarse a partires das 12:00 horas e así participar no Baile- Concurso de disfraces que comenzará ás 12:45 horas. Os alumnos non poderán sair do centro ata as 14:horas
CONFERENCIA "TE PUEDE PASAR A TI"
Enviado por Vicedirec. o 21 Xaneiro, 2008 - 13:44O vindeiro martes 29 de xaneiro os alumnos de 1º bacharelato terán unha conferencia "Te puede pasar a ti" sobre os accidentes de tráfico.Será a 5ª hora na aula de Usos Múltiples
CINENSINO
Enviado por Vicedirec. o 19 Xaneiro, 2008 - 17:08Como xa se anunciou no mes de outubro, o mércores 23 de xaneriro os alumnos de 2º ESO irán a ver a segunda película do programa Cinensino nos Multicines da Estrada. A película é "Salvatore.Así es la vida". Sairán as 10:30 horas e voltarán as 12:30 horas.
DEPORTE ESCOLAR
Enviado por Vicedirec. o 19 Xaneiro, 2008 - 17:00O vindeiro martes 22 de xaneiro do 2008 algúns alumnos de 1º ESO e 2º ESO participarán na xornada de Deporte Escolar no Foxo, dita actividade aprazouse polo mal tempo o mes pasado. Sairán do centro ás 9:35 horas e regresarán ás 13:35
VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL
Enviado por Vicedirec. o 16 Xaneiro, 2008 - 09:19O vindeiro martes 22 de xaneiro os alumnos de 2º Bacharelato de Arte irán as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.Sairán ás 9:10 horas da estación de autobuses da Estrada e voltarán as 14:25 horas
FESTIVAL DE NADAL
Enviado por Vicedirec. o 21 Decembro, 2007 - 09:50Hoxe 21 de decembro realizaránse distintas actividades. Os alumnos da ESO participarán en partidos de fútbol sala co IES Antón Losada Diéguez e a partires das 12:45 horas todos os alumnos terán un festival de Nadal no centro.
VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL
Enviado por Vicedirec. o 19 Decembro, 2007 - 17:30Debido o mal tempo suspéndese a visita do día 20 de decembro do 2007 ás cubertas da catedral que ían facer alumnos de Arte de 2º Bacharelato B
CONFERENCIA "COMERCIO XUSTO"
Enviado por Vicedirec. o 17 Decembro, 2007 - 11:46O mércores 19 de decembro haberá unha conferencia do "Comercio Xusto" para os alumnos de 3º ESO de Taller de Emprendedores e os alumnos de 4º ESO.A conferencia será ás 13:35 horas na aula de Usos Múltiples
VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL
Enviado por Vicedirec. o 17 Decembro, 2007 - 11:31O vindeiro xoves 20 de decembro os alumnos de Historia da Arte de 2º Bacharelato irán as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela. Sairán as 9:10 horas da estación de Autobuses e voltarán ás 14:25 horas
DÍA MUNDIAL DA SIDA
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2007 - 16:18Con motivo da celebración do Día Mundial da Sida que se celebra o día 1 de decembro, repartiránse aos alumnos uns folletos de información divulgativa e pegatinas enviadas pola Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Saúde Pública.
DEPORTE NA ESCOLA
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2007 - 16:05O vindeiro mércores 5 de decembro, os alumnos de 1º ESO e 2º ESO participarán na xornada do Deporte na Escola. Sairán do centro ás 10:25 horas.
VIAXE A LUGO
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2007 - 15:50O vindeiro 5 de marzo do 2008, os alumnos do proxecto "Dous mil anos por correo" farán unha viaxe a Lugo para asistir a unha representación de teatro grecolatino. Tamén visitarán o museo de Lugo e o castro de Viladonga. Sairán ás 8:45 horas e regresarán ás 20:30 horas aproximadamente.
VISITA Á EXPOSICIÓN DE PICASSO
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2007 - 15:33O vindeiro martes 18 de decembro os alumnos de 3º ESO A e B, irán a Coruña a visitar a exposición de Picasso na Fundación Barrie de la Maza e participarán nos talleres didácticos. Sairán do centro as 9:00 horas e regresarán as 18:30 aproximadamente.
CHARLA CAIXA GALICIA
Enviado por Vicedirec. o 16 Novembro, 2007 - 13:35O xoves día 15 de novembro do 2007, Marcos, da "Obra Social CaixaGalicia", deu unha charla no noso centro aos alumnos de Economía de 1º Bacharelato D e aos alumnos de Taller de Emprendedores de 3º ESO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- seguinte ›
- última »