Complementarias

NA Estrada-525 reúnese con outros clubes de lectura no mosteiro de Carboeiro

O venres 5 de novembro pola tarde, o club de lectura NA Estrada-525 compartirá unha velada de medo cos clubes de lectura do IES Acquas Celenis de Caldas, o IES de Porto do Son, e os CPI de Portas e Cuntis. Reunirémonos no mosteiro de Carboeiro (Silleda), e acompañaranos Celso Fernández Sanmartín.

cartaz carboeiro final.jpg

Dairas na prensa

Premendo aquí podedes acceder á nota de prensa aparecida na Voz de Galicia do 29 de outubro de 2010,  na que se recolle o pase especial de "Dairas", a curtametraxe de animación premiada recentemente  polo Ministerio de Cultura, que tivo lugar no Teatro Principal da Estrada o día 30 de outubro. A nova vai acompañada dun artigo firmado pola directora do MGB, Gisèle Maïssa, que leva por título "Grazas, Dairas".

Actividades de Orientación

Os alumn@s de 1º ESO e 2º ESO durante os meses de novembro e decembro, na súa hora de titoría, desenvolverán uns obradoiros impartidos por monitores de habilidades sociais.

Rolda de prensa

Os membros do Taller de Creación Artística MGB darán o próximo xoves 28 ás 13.30 h. unha rolda de prensa aos medios de comunicación por recibir o Premio Crearte 2010 pola realización da curtametraxe "Dairas".

Xadrez no MGB

Todos os martes e venres nos seus dous recreos desenvólvese a actividade de xadrez, impartida polo profesor don Ramón Aller. Algúns participantes nesta actividade anotáronse no" Programa Xogade 2010-2011". En maio realizarase o II Campionato MGB de Xadrez (competición interna)

Proxección de "Dairas"

O sábado 30 de outubro  ás 21 h. no Teatro da Estrada proxectarase a curtametraxe "Dairas".

Parabéns a todo o equipo polos premios acadados.

Nota informativa para pais/nais de 4º de ESO

O próximo martes 26 ás 18.15 h. haberá unha reunión, sala de usos múltiples, para concretar aspectos da viaxe de estudos que realizará no presente curso académico o alumnado de 4º ESO

Día da Biblioteca Escolar, 22 de outubro

O venres 22 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. A MeGaBiblioteca invítavos a que a visitedes ese día: podedes sorprendervos!

Hai un mundo de posibilidades e ti terás a chave!! 

cartel_def_10.jpg

Animais artificiais

Este é o novo traballo do Taller de Creación Artística do MGB. Trátase dunha curtametraxe, inspirada na obra teatral de Ana Vallés "Animales Artificiales".
Podedes seguir paso a paso este proxecto dende o seu blog http://animaisartificiaismgb.blogspot.com/
animais_artificiais_bis.png

As mochilas viaxeiras comezaron o camiño

As mochilas viaxeiras xa comezaron este curso as súas saídas. O alumnado de 1º de ESO está invitado a levalas ás súas casas: recolleranas os venres e devolveranas os xoves (na conserxería do centro, nas dúas primeiras horas da mañá).

Nestas mochilas hai materiais para todos os membros da familia, para que poidan compartir xuntos os seus tempos de ocio vendo unha película, escoitando música ou lendo. Tamén atoparedes unha libreta para que os pais e nais nos contedes a vosa experiencia.

 

mochilas.jpg

DAIRAS en CORTOMIERES-10ª edición

DAIRAS será proxectada no Festival Cortomieres"Festival de cortometraxes de Mieres" na súa 10ª edición, que terá lugar nesta localidade asturiana dende o 21 ata o 28 de xaneiro de 2011. De momento non está confirmada a data exacta.

Dairas, 3º premio no Festival de Cine de Ourense

A Curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do M.G.B. resultou gañadora do 3º premio, na XV edición do festival Internacional de Cine de Ourense, sección Ouff escola. Podedes ler aquí unha crónica do acto.
 
O primeiro premio correspondeu ao IES Europa de Ponferrada, coa súa obra "Xemelgos", e o segundo ao IES de Porto do Son, polo seu traballo "Mar", que podedes ver aquí.
 
Parabéns á gran familia que formamos DAIRAS

Apertas a tod@s

DSC_0301_bis.jpg

Contos coas mans abertas- actividade para 2º BAC

Os alumn@s de 2º de bacharelato asistirán ao espectáculo: contos coas mans abertas (historias que invitan a reflexionar sobre a solidariedade, a cooperación, o traballo comunitario, a igualdade). A actividade foi ofertada polos Servizos Sociais do Concello. A actuación será o vindeiro martes , 5 de outubro, pola tarde no Teatro.

Peregrinación a Santiago

O vindeiro martes 28 de setembro alumnado dos tres IES da nosa zona educativa realizarán unha peregrinación a Santiago.

*Imaxe por JexWeber en Flickr 

4898071294_24b3ab212c.jpg

Invitación á entrega de premios do XV Festival de cine de Ourense

Os compoñentes do Taller de Creación Artística acudirán o vindeiro 5 de outubro á invitación da entrega de premios do XV Festival de cine internacional de Ourense (sección Ouff Escola) pola súa participación neste certame coa aportación dunha curta de animación en plastilina: "DAIRAS" coordinada polo profesor Miguel Carbajal conxuntamente con outros docentes.

ouff_ourense.png
Distribuir contido